Coma celebración persoal do Día do Software Libre, alédanos anunciar o lanzamento de Trisquel 4.0 "Taranis" -deus Celta do trono-. Trátase da nosa segunda versión con soporte a longo prazo (Long Term Support), e estamos encantados con ela. Coma é habitual está dispoñible na versión estándar co xestor de escritorio Gnome, e nesta ocasión tamén nunha edición "Mini" que emprega o entorno liviano LXDE. Engadimos tamén imaxes de instalación por rede netinstall, ideais para servidores e instalacións personalizadas. Pronto subiremos tamén un DVD multi languaxe con un gran número de traduccións -os CDs estándar inclúen soporte completo para Español e Inglés-, así coma as edición orientadas a entornos profesionais e de educación.
Esta versión está baseada en Ubuntu 10.04 LTS, e coma sempre está construida exclusivamente con Software Libre, incluindo:
- Tódalas edicións:
- Linux-libre 2.6.32
- Xorg 7.5
- Gnash 0.8.8
- Edición estándar:
- GNOME 2.28
- OpenOffice.org 3.2
- Gimp 2.6
- Navegador web baseado en Mozilla 3.6.9
- Edición mini:
Ao igual que en anteriores ocasións, temos ISOS para procesadores de 32 e 64 bits, e dado que se trata dunha edición LTS, contará con tres anos de soporte técnico. Os actuais usuarios das edicións 2.2 LTS e 3.5 poden anovar a súa instalación empregando a utilidade gráfica "xestor de actualizacións", ou executando nun terminal o comando "sudo do-release-upgrade".
Ao descargar as imaxes ISO podédesnos axudar distribuíndoas mediante bittorrent. Tamén é posible contribuir ao proxecto Trisquel cunha donación, ou mercando algo da nosa tenda de merchandising. Hoxe inauguramos unha nova alternativa á que xa estaba dispoñible, en Zazzle.com, con novos produtos e envíos a todo o mundo.