Publicación de Trisguel 1.0

Tras máis de dous anos e medio de desenvolvemento e numerosas versións previas, por fin temos Trisguel 1.0. A partir deste momento estableceremos un prazo fixo de publicación de versións de 6 meses, ditas versións terán soporte (reparación de erros e publicación de revisións periódicas) durante un ano.

Podes descargar Trisguel GNU/Linux 1.0 "Arianrhod" para pc neste link. O cd ocupa 673MB e o MD5 é 0177591b1ddcf98a516df1f59e16511d

Estas son algunhas das novidades dende as versións de proba:

  • Repositorio propio baseado en Debian 4.0 Etch, con actualizacións de seguridade.
  • Novo instalador e melloras no entorno lixeiro. Os requisitos mínimos baixan a tan só 200mhz, 64 MB de RAM e 3 GB de disco duro.
  • Soporte de tecnoloxías de asistencia para discapacitados visuais.
  • Novo sistema live, pode executarse dende un pendrive.
  • O sistema live pode lanzarse dende o escritorio de Windows, sen configurar a BIOS.

Software incluido:

  • Gnome 2.14. Entorno lixeiro IceWM+Rox.
  • OpenOffice.org 2 con correctores ortográficos de galego e castelán.
  • Navegador IceWeasel (Baseado en Firefox 2).
  • Entorno completo en Galego, Castelán e Inglés.
  • Linux 2.6.18.6 con máis de 1.000 drivers.
  • Emulador de windows Wine, e simulador de pc virtual Qemu/Kvm.
  • Entorno de usuario 3D Compiz.
  • Máis de 1000 paquetes preinstalados que inclúen aplicacións de oficina, multimedia, deseño, rede, xogos... E máis de 15.000 paquetes dispoñibles para instalar.
Mér, 01/31/2007 - 15:41

Non coñecía este proxecto, acabo de velo en Distrowatch. Precisamente andaba buscando unnha distro con un kernel 2.6.18.4 ou superior, xa que o soporte a miña placa base (unha Asus) no se da en versións máis antigas, e quén iba pensar que ía atopar a solución nunha distro feita na nosa comunidade.

Saúdos.

Xov, 02/01/2007 - 14:05

Vaites! Tampouco sabía eu deste proxecto, acabo de velo en chuza!... e tamén teño unha Asus, así que... baixando. Agardo poder sorrir esta mesma tarde :^)

Saúde

Xov, 02/01/2007 - 18:35

Estaría bem ponher umha ligaçóm a um torrent ou similar para baixala :-)

Ven, 02/02/2007 - 14:05

A min pareceme que o Xestor de arranque Lilo, debería instalarse por defecto en hd0 e non no HD que se instale Trisquel, ou en todo caso, e o usuario quen debería decidir donde instalalo, non vos parece?

Mar, 03/13/2007 - 18:03

Instalei onte Trisquel 1.0 é a verdade e que me deixou gratamente sorprendido, verdade que sí, en menos de unha hora estaba funcionando sen ningún problema; quedei realmente impresionado, só me falta ver como detecta e funciona cos distintos periféricos dos que dispoño...

En calquer caso 'Bo traballo'!!!! podo andar orgulloso de que no meu portátil só teño duas distros Gnu/linux feitas en Galiza, por un lado Trisquel 1.0 e por outro Gnix Vivo... quen pide máis¿?

Saudos e grazas de novo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Mar, 04/24/2007 - 22:30

Eu xa coñecía Trisquel dende fai un par de anos pero agora redescubrino. Non tiña nin idea de que a Xunta andivera detrás, xa era hora de que se mollarán nos GNU/Linux, só lles queda utilizalo nas administracións, bibliotecas, institutos, escolas, hospitais... De momento vouno probar que acabo de baixalo pero polos videos que hai: NORABOA¡¡¡ Ten moi boa pinta. Nin Ubuntu, nin Gentoo nin ostias, TRISGUEL¡¡¡¡

........................................................................lunet
http://www.esteirositi.tk

Xov, 02/01/2007 - 18:44

Sabémolo, estamos a montar un servidor de bittorrent. De todas formas, gracias a Universidade de Vigo, que aloxa os servidores, temos un bo ancho de banda (100 Mb/S). :)

Ven, 02/02/2007 - 14:22

Si, a verdade e que si, pero non resulta sinxelo detectar cal é o disco que a bios ten seleccionado para arrincar del. Eu por exemplo teño un disco sata e un ata, ambos son primarios dentro do seu sistema de acceso. Se arrico dende o cd, ¿como sabe o instalador se a bios vai a querer arrincar dende o sata ou o ata? Por iso empregamos o sistema actual.

Preguntalo no instalador tal vez resulte un pouco confuso para o usuario... Vexo duas solucións posibles: Instalalo en todos os discos (o que me parece intrusivo) ou preguntalo só no caso de que o instalador detecte máis dun disco duro.

Ven, 02/02/2007 - 20:12

Coido que a segunda opción é a mellor, dende o meu punto de vista, que é a dun usuario.