Revisión de Instalar, actualizar e eliminar software de Xov, 03/10/2011 - 16:43

As revisións permítenlle rastrexar as diferenzas que hai entre distintas versións dunha entrada.

O software nos sistemas GNU/Linux instalase frecuentemente con algún dos varios métodos dispoñibles.

  • Utilizando o máis avanzado: Synaptic Package Manager.
  • Escribindo o comando sudo apt-get [comando] [nome do paquete] na consola (que se atopa no Menú Principal en AccesoriosTerminal).Escribindo apt-get -h amosase a lista compreta de comandos.

Os comandos máis importantes son:

    • sudo apt-get install [nome do paquete] para buscar e instalar o paquete.
    • sudo apt-get remove [nome do paquete] para desinstalar un paquete.
    • sudo apt-get upgrade para actualizar os paquetes. Ísto é o mesmo que utilizar o Xestor de actualizacións gráfico.
    • sudo apt-get autoremove para eliminar os paquetes sobrantes innecesarios.
  • Agregar un PPA de Launchpad ás fontes de software (atópase no Menú Principal en SistemaAdministraciónOrixe do software'').
  • Construindo dende un arquivo co código fonte (xeralmente en formato .tar.gz). Éste é o método máis avanzado. É probable que nunca necesite instalar software de éste xeito, porque pode danar a súa instalación se algo vai mal, sugierexe que non se use este método se é vostede novo.


Nota: Éste manual non trata de proveer a documentación completa de cada programa aquí mencionado. É soamente un manual introductorio das funcións máis básicas. Os mánuais de usuario compretos atopanse noutros lugares.

Se eres novo en GNU/Linux, podes estar confundido coa forma de instalar software. Ésto realizase xeneralmente cun só método.

A aplicación de exemplo que se usará no manual é Audacity, un editor e grabador de sons moi popular.

Instalando dende os Repositorios

A forma fácil

Primeiro, abre a ferramenta Agregar/Quitar aplicacións dende o Menú Principal.

É un programa simple, co que poderás navegar por centas de aplicacións, organizadas en categorias, para agregalas ou eliminalas. Só unha pequena parte das aplicacións dispoñibles nos repositorios pódense atopar aquí, xeralmente as máis populares e gráficos de todas.

audacity-add-remove_0.png

Usando Synaptic

Synaptic é unha aplicación de xestión de paquetes máis avanzada que pode ser usada para instalar calquer paquete de software dispoñible do repositorio de Trisquel.
  1. No menú principal, vai a SistemaAdministraciónXestor de paquetes Synaptice. Introduce o teu contrasinal se se require.
  2. Pulsa en Procurar para procurar unha applicación, ou pulsa en Seccións e revisa as categorias para atopar un.
  3. Pulsa co botón dereito na aplicación que queres instalar e selecciona Marcar para Installación.
  4. Se se te pregunta se queres marcar máis cambios, pulsa en Marcar.
  5. Selecciona os outros paquetes que queres instalar.
  6. Pulsa en Aplicar, e logo en Aplicar na fiestra que aparece. A aplicación que escolliches serán descargadas e instaladas.

synaptic-audacity_0.png

Usando a Líña de Comandos

apt-get-install-audacity.png

Agregando paquetes dos repositorios

Se queres instalar un paquete que non se atopa no repositorio de Trisquel, ou unha versión diferente da atopada no repositorio, podes facelo añadindo un Arquivo Persoal de Paquetes, ou PPA, dende un sitio web chamado Launchpad.

Supón que en lugar de usar a versión estable de Audacity por defecto dos repositorios de Trisquel queres usar a "última das últimas" construida no día. Ésta dispoñible dende Launchpad en https://launchpad.net/~audacity-team/+archive/daily. Para añadir este PPA, farías o seguinte:

  1. Abre Fontes Abertas de Software dende o menú principal (SistemaAdministraciónFontes de Software).
  2. Pulsa na pestana Outro Software.
  3. Pulsa no botón Añadir.
  4. No campo de entrada, introduce o seguinte texto: deb http://ppa.launchpad.net/audacity-team/daily/ubuntu maverick main

No paso 4, a parte de "maverick" asume que está utilizando Trisquel 4.5, nome en código Slaine, que está baseado en Ubuntu 10.10 (Maverick). Se usa outra versión de Trisquel, tería que cambiar esta parte. Por exemplo, se usa Trisquel 4.0 Taranis no seu lugar insertaría o texto deb http://ppa.launchpad.net/audacity-team/daily/ubuntu lucid main.

audacity-ppa.png

Instalando dende un arquivo

Arquivos .deb

Os arquivos .deb son usados por dpkg, o administrador de paquetes de Debian e os seus moitos derivados (incluíndo Trisquel), para a instalación manual.

Para instalar dende un .deb, primeiro hay que descargalo. O arquivo .deb de Audacity para Ubuntu Lucid/Trisquel Taranis pódese descargar dende calquera dos espellos aquí. Fai clic no arquivo para abrilo. Unha aplicación gráfica chamada GDebi abrirase e o paquete estará listo para ser instalado.

audacity-gdebi_0.png

No exemplo pódese ver que Audacity necesita outros 5 paquetes para poder funcionar. A éstes paquetes chamaselles "dependencias". Éstos paquetes obteñense dos repositorios durante a instalación.

Convertindo .rpm a .deb

Tal vez o paquete que queres está dispoñible no formato .rpm pero non en .deb. RPM é outro sistema de adminsitración de paquetes que algunhas distribucións (non Trisquel) usan por defecto. Para convertir arquivos .rpm en .deb, utilizase una ferramenta chamada alien que xa se atopa instalada en Trisquel.

Descarga o paquete .rpm que queras convertir. O arquivo .rpm de Audacity pódese descargar aquí. A versión que usaremos néste exemplo é 1.3.12-0.6.beta.fc13.i686.

Abre o terminal.

Usa cd [directorio] para ir o directorio onde descargache o .rpm. Por exemplo, se o fixeche na túa carpeta de descargas, lanza o seguinte comando:

cd /home/[usuario]/Descargas
Despois, corre:
sudo alien -k audacity-1.2.12.0.6.beta.fc12.i686.rpm
Un arquivo .deb foi creado no mesmo directorio. ¡Agora xa podes instala-lo teu novo .deb!

Actualizando o software

O xestor de actualizacións atopa automáticamente as actualizacións de software para a túa computadora cando estan dispoñibles. Xunta información regularmente sobre potenciais actualizacións dende un número de fontes de atualizacións en liña.

Se fas click en SistemaAdministraciónFontes de software e seleccionas a pestana de Actualizacións, atoparaste con que hay tres fontes de actualizacións dispoñibles. Una explicación para cada unha de esas é provista a continuación:

  • Actualizacións de seguridad importantes: As actualizacións que arranxan fallos de seguridade críticos están dispoñibles a través de esta fonte. É recomendable que todo-los usuarios deixen esta fonte activada (debería estalo por defecto).
  • Actualizacións recomendadas: As actualizacións que arranxan problemas de software serios (que non son fallos de seguridade) están dispoñibles a través de esta fonte. A maioría dos usuarios quererán deixar esta fonte activada, xa estas actualizacións soen arranxar os problemas comúns e molestos.
  • Actualizacións sen soporte: Cando son lanzadas novas versións de software popular, a veces fanse “back-ports” dunha versión mais vella para que os usuarios podan beneficiarse das novas características e arranxos de problemas. Estes “backports“ non están soportados, poden causar problemas cando se instalan e só as debe usar xente que necesita de forma desesperada unha versión nova do paquete de software que foi “backportada“.

A veces aparecerá no seu panel un icono que asemella a este: update-manager-icon.png

Pulse neste icono e faga click en Instalar Actualizacións para obter as actualizacións do software.

Actualizando a unha nova versión de Trisquel

Actualizar a unha nova versión de Trisquel é sinxelo co xestor de actualizacións.

  1. Dende o menú principal, seleccione SistemaAdministraciónXestor de actualizacións.
  2. Pulse no botón Comprobar para buscar novas actualizacións.
  3. Se hay algunha actualización que instalar, use o botón Instalar Actualizacións para instalalas, e pulse no en Comprobar de novo cando se complete.
  4. Unha mensaxe aparecerá informandolle da dispoñibilidade dunha nova versión.
  5. Faga click en Actualizar.
  6. Siga as instruccións da pantalla.

Teña en conta que as versión de Trisquel de Soporte a Longo Termo (LTS) por defecto só actualizarán á seguinte versión LTS dispoñible, lanzada cada dous anos. Se quere cambiar isto para instalar, pola contra, a nova versión de Soporte a Curto Termo (STS), faga o seguinte:

  1. Dende o menú principal, seleccione SistemaAdministraciónFontes de Software. Introduce o teu contrasinal se é requerido.
  2. Seleccione a pestana Actualizacións.
  3. No último menú, seleccione Versións Normais no canto de So versión de soporte a longo termo. software-sources-sts_0.png

Revisión

03/02/2011 - 23:40
kenkeiras
07/17/2023 - 21:57
Parodper