Revisión de Trisquel 4.5.1 versión de actualización, agora con edicións Mini e Netinstall de Xov, 05/26/2011 - 21:06

As revisións permítenlle rastrexar as diferenzas que hai entre distintas versións dunha entrada.

Logo de máis de dez mil descargas directas dende o lanzamento da versión 4.5 fai agora dous meses, publicamos unha actualización incremental incluindo toda-las actualizacións de seguridade e correccións de erros aplicados ata a data, ao tempo que expandimos ó conxunto desta edición cos sabores Mini e Netinstall.

Algunhas das melloras incluen un soporte mellorado de software para RAID e módems 3G, clientes fixos de transmisión de vídeo en líña, soporte para tarxetas Atheros USB-802.11N, e moitas otras actualizacións e parches de seguridade.

A edición Mini é unha actualización incremental da versión orixinal 4.0, a meirande parte dos cambios son correcións de erros e melloras estéticas. A imaxe Netinstall - que polo de agora sairá con cada versión de Trisquel - permite persoalizar a instalación - dende sistemas de interfaz de liña de comandos mínimo, ata varias configuracións de escritorio ou servidor-, e con características avanzadas como LVM, RAID ou cifrado de disco completo entre outros moitos.

Se estás usando a versión 4.5 e tes toda-las actualizacións aplicadas xa está ao día, non é preciso facer novamente a instalación.