Novo ciclo, metas acadadas e o que está por chegar.

2015 foi un ano de calmo pero continuo progreso para o proxecto Trisquel. Non tendo programada unha nova versión durante ese periodo, centrámonos en mellorar o sistema de desenvolvemento e a infraestructura dos servidores, facendo a distribución máis confiable por mor das actualizacións máis rápidas e informativas. O noso veterán administrador de sistemas Santiago Rodriguez encargouse da dura tarefa de coller o código que produce os nosos paquetes de software e encaixalo nun sistema de integración continua, e mellorou o entorno de desenvolvemento con pbuilder -para os paquetes- e live-build -para os cds en vivo.
 
Este ano marcará a chegada de Trisquel 8, de nome en clave "Flidas". O desenvolvemento desta versión xa está en marcha, e esperamos producir as primeras imaxes de probas nos próximos meses, seguidas dun lanzamento non moito despois de estar disponible a versión da distro na que está baseada (Ubuntu 16.04) en abril. As edicións dispoñibles seguirán incluindo unha principal con escritorio baseado en GTK, outra con un entorno máis liviano, e outra con Sugar, pero esperamos facer medrar esa lista con novos engadidos, así que estade atentos ás novidades!

No apartado económico, seguimos a recibir un continuo apoio por parte da nosa moi xenerosa comunidade. Gracias a todos por soster o noso traballo coas vosas donacións! Este último ano alcanzamos os 8100€ mediante donacións, cuotas de membros e patrocinios (foran 7790€ en 2013 e 8795€ en 2014). (Tamén seguimos a recibir donacións mediante Bitcoin, que poden seguirse neste enlace) Como en anos anteriores, a maior parte deses ingresos forráronse para fornecer de estabilidade económica ao proxecto, cun fondo que a finales do ano sumaba 20.517€ (máis uns 7000€ en Bitcoin segundo o valor de mercado no aninovo). Gracias de novo por este incriblemente xeneroso apoio!

Os nosos gastos incluiron os custos de infraestructura (3 servidores alugados cun coste anual de 1090€) e os gastos da asistencia ao LibrePlanet. Pero por primeira vez, os fondos tamén comenzaron a ser empregados para o seu fin principal de sustentar económicamente o traballo de desenvolvemento. En concreto, recibín unha compensación de 500€ durante os meses entre outubro de 2014 e maio de 2015 (4000€). Como nota persoal, o motivo de que deixase de cobrar esta cantidade foi que o meu traballo é sustentado agora por un posto de administrador de sistemas na Fundación do Software Libre (FSF) ao que me incorporei tras mudarme aos Estados Unidos. Así que agora estou nunha situación laboral máis compatible co noso proxecto, e ao mesmo tempo teño acceso a novas posibilidades de apoio por parte dun equipo que comparte os nosos ideais (e emprega Trisquel en toda a súa infraestructura).

O pasado ano foi un de grandes cambios nas vidas de varios dos que estamos detrás do proxecto, polo que a etapa de desenvolvemento tranquilo foi apropiada. Este 2016 estamos nunha boa posición para acadar grandes metas, comezando cunha gran nova versión e coa mellora dos mecanismos de involvemento da comunidade.

Ruben.