Xgl e Compiz en Trisguel

Trisguel (como a chamamos de momento) está case lista, e como queremosvos por impacientes, aqui tedes duas capturas de pantalla do sistema gráfico Xgl que inclue.
      
Tras unha semana empregandoo, Xgl demostrou ser estable, rápido, util, e precioso.

Transparencias reais, fiestras con simulación física de movemento, xestor de intercambio de fiestras mellorado, cambio de escritorios tridimensional, fundidos e efectos nos menus e o minimizar/maximizar... O resultado é un sistema moito mais agradable á vista, e tamén máis útil, con funcións de zoom para discapacitados visuais (moi util para diseño gráfico), e con un selector de ventanas tipo exposè (de Apple Mac OS X) que facilita o uso de moitas fiestras a vez.

Esperamos ter unha beta para o fin de semana, e unha revision menor de Trisquel con kde.

Jose (non verificado):
Xov, 06/22/2006 - 19:52

O selector de fiestras do Mac OS X non se chama composè, senón exposè

Mar, 06/27/2006 - 13:23

Gracias, correxido.