Guía para instalar Trisquel 3.0 STS paso a paso
1. Acender o ordenador, introducir o CD de instalación e seleccionar arrancar dende CD.
2. Seleccionar o idioma do menú (Español ou Galego).
3. No menú, seleccionar a opción de instalar.
4. Na pantalla Benvido(a), seleccionar o idioma do instalador (Español ou Galego) e pasar á seguinte pantalla.
5. Na pantalla ¿Onde está?, no eido de rexión seleccionar Europa, no eido de lugar seleccionar Madrid, e pasar á seguinte pantalla.
6. Na pantalla Distribución do teclado, seleccionar Spain.
7. Na pantalla Preparar o espazo no disco, seleccionar a configuración adecuada e pasar á seguinte pantalla.
8. Na pantalla ¿Quen é vostede?, pasar á seguinte pantalla despois de introducir os seguintes datos:
A)¿Cómo se chama? B)¿Que nome quere usar para iniciar a sesión? C)Elixa un contrasinal para asegurar a súa conta D)¿Cal é o nome desta computadora?9. Na pantalla Listo para instalar, seleccionar Instalar.
10. Se ademais da partición de Trisquel está accesible unha partición con outro sistema operativo, na pantalla Migrar documentos e configuracións é posible importar contas de usuario. A migración automatizada de contas de Microsoft Windows copia o contido do cartafol Os meus documentos, pero non os subcartafoles Miña música e Miñas imaxes; e ademais tenta copiar a imaxe de fondo do escritorio, pero grava o ficheiro cunha lonxitude de 0 octetos.