Capturas de pantalla de Trisquel GNOME

Xa temos as primeiras imaxes do aspecto que terá o escritorio da versión de Trisquel con entorno GNOME. Algunhas cousas poden cambiar na versión final.

De momento non lle puxemos nome á nova versión, pero a opción máis suxerente e renomear a clásica a TrisKel (por Kde) e chamar TrisGuel a nova. podedes votar para distintas opcións na enquisa, ou facer novas propostas.

A nova versión está feita dende cero empregando paquetes de Debian e paquetes feitos especialmente para a distribución (o mesmo que a versión con KDE). De momento podemos adelantarvos que inclue Gnome 2.12 100% en galego, con algunhas aplicacións engadidas (Beagle, F-spot, gnusound, gdesklets...) que están a ser traducidas para Trisquel polo coordinador da traducción de Gnome do proxecto trasno, e que estarán disponibles no repositorio canto antes -incluindo os fontes, claro-. (Gracias, Nacho)

Como gran novidade, adelantámosvos que inclue o flamante novo sistema gráfico con aceleración 3D Xgl de Novell.

Por suposto tamen inclue a última versión do kernel, firefox 1.5 en galego, Openoffice2, X.org e moito máis, todo 100% libre.