Nova versión de Trisquel GNU/Linux

Estamos moi contentos de poder presentar hoxe esta nova revisión (a séptima que facemos pública) de Trisquel GNU/Linux. Ten moitas novidades con respecto a rc4, estas son as que mais destacan:

Kde 3.5 en galego.
OpenOffice.oeg 2
Firefox 1.5 en galego, con multitude de novos extras.
O servidor de X11 de x.org
O editor de webs NVU
O editor de imaxes InkScape
Novo sistema de detección de hardware
Repositorio completo dos debs que contén en http://trisquel.uvigo.es/pub/trisquel/
O instalador é una nova revisión menor, corrixe algun fallo, e está traducido ó galego.
Como sempre, incluimos o último kernel Linux dispoñible, o 2.6.15, e engadímoslle as capacidades de hibernación a disco de software suspend 2

Podedela descargar da nosa sección de descargas.

E todos os erros que atopedes, ou cousas que cambiriades, podedelos reportar no bugzilla; e unha gran forma de colaborar co proxecto.