Como instalar trisquel en outro disco duro hda2

3 respostas [Última entrada]
JoseM PN
Desconectado
Joined: 10/20/2007

Ola:

Podedesme axudar con este pequeno tema. Tempo atras instalei o GNIX en outro disco duro pero o trisquel non son capaz de instalalo e arrancalo.
Arriba coa iniciativa, estouvos seguindo dende a version 0.9 e gustame o que vexo ainda que estas ultimas versions non me estan a funcionar, a ver que pasa coa 2.

Trisquel
Desconectado
Joined: 12/21/2004

Claro que podemos axudarte, pero precisamos máis información. ¿Cal é exactamente o problema co que te atopas?

Se o sistema live arrinca e instala pero logo non arrinca o sistema dende o disco, o máis normal é que o xestor de arrinque (grub) esté instalado no disco secundario, e a tua bios configurada para arrincar do primario. Podes configurar a bios para que arrinque do secundario, ou mellor, no ultimo paso antes de confirmar a instalación, premer en avanzado e escoller o disco no que queremos instalar o grub (no teu caso /dev/hda, supoño)

JoseM PN
Desconectado
Joined: 10/20/2007

Bueno xa estou de novo por eiqui. Pois decirvos que xa instalei a version 2 empresas sin problemas no segundo disco duro que dispoño, todo sen problemas, e rulando de fabula.
O unico detalle que a priori quero solucionar e o Modem, arinca automaticamente o encender o computador e si o quero arincar despois de cargar todo o equipo as veces vai e as veces non ( !anda, como os pementos de padrón!) ainda que esta conectado, pois si levanto o auricular do teléfono soa a comunicacion do modem, pero non me descarga nada no navegador so a paxina de que non atopa ningunha paxina.

Trisquel
Desconectado
Joined: 12/21/2004

Estivemos a facer probas con módem (cun 3g, non temos ningun módem rtb), pero parece claro que a versión actual do configurador de redes ppp non funciona ben de todo :(

Recoméndoche que instales gnome-ppp, un configurador máis sinxelo e estable. Ten autodetección do módem. Xa nos contarás a experiencia.