Trisquel Educación RC1, listo para descargar
Adelantando un par de días a data prevista para a publicación, e coincidindo co día internacional do Software Libre, facemos pública a versión 2.0RC1 de Trisquel Educación. Inclúe todo o preciso para montar aulas para alumnos de calquera idade, e ten ferramentas específicas para a xestión de usuarios, control de aula, pizarra dixital, clientes lixeiros, e moitas outras, facendo máis sinxela a tarefa do administrador, e máis produtiva a do mestre. Descarga o CD, e axúdanos coa túa opinión.
Sistema de control de aulas en Trisquel Educación
Chamada á colaboración
Trisquel Educación serve para crear aulas para todo tipo de alumnos, dende primaria ata a universidade, incluindo academias e aulas de formación para empresas, polo que o conxunto de ferramentas e aplicacións educativas a soportar é moi amplio.
Por isto precisamos a axuda de profesores de todos os ámbitos para engadir a maior cantidade posible de aplicacións educativas. Se coñeces algun programa que quixeras ver incluído, ou botas en falta algunha funcionalidade, fainolo saber a traveso do foro, a lista de correo, ou o formulario de contacto. Non é preciso que sepas nada de GNU/Linux, basta con que nos digas cousas coma "os meus alumnos precisan un programa para facer ...". Nós buscaremos aplicacións libres para engadilas ó sistema. E por suposto, se tes máis experiencia tamén será benvida.
¿Qué indica o RC1?
Esta versión é unha candidata de publicación (Release Candidate), polo que convertirase na versión final se non se atopan erros nos próximos días. Ten soporte oficial, así que de aplicarse cambios antes da versión final, estarían incluidos nas actualizacións e non sería preciso reinstalar o sistema.