O equipo de desenvolvemento de Trisquel GNU/Linux convídavos á presentación oficial da nova edición para centros educativos do sistema operativo libre, nomeada "Trisquel Edu". O acto terá lugar na Aula Magna do Mosteiro de San Martín Pinario, en Santiago de Compostela, as 18:30 do día 16 de Decembro.
Escritorio do Trisquel edu
O evento contará coa participación da Universidade de Vigo (Facultade de Ciencias e Escola de Enxeñería Informática), o Colexio Juniors de Santiago, o xornal Código Cero, a Consellería de Innovación e Industria, e o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre Mancomún.
Durante o acto repartiranse copias do programa, e farase un chamamento de axuda á comunidade docente, para colaborar na inclusión de paquetes de software libre de carácter educativo. Nesta data publicaranse tamén actualizacións das edicións empresarial e doméstica.
Prégamos confirmación da asistencia.