Hoxe publicamos a versión 2.1 de Trisquel GNU/Linux, tanto da edición doméstica coma da educativa e a de empresas. Isto supón un fito en varios sentidos: publícase a primeira versión oficial de Trisquel Edu, as tres pasan a empregar o kernel linux-libre, e incorporan centos de pequenas melloras.
Todas estas novidades poden obterse mediante as actualizacións automáticas, sen necesidade de reinstalar o sistema.
Inclúe numerosas melloras e actualizacións, entre as que están as seguintes:
Cambios comúns ás tres edicións
- Kernel linux-libre 2.6.24.22
- Nova tipografía por defecto
- Novo corrector de Galego
- Soporte para VPN
- Máis de 200 actualizacións e correccións
Trisquel Edu
- Primeira versión con soporte oficial
- Novos paquetes educativos
- Soporte para instalación en rede
Trisquel Pro
- Abanq 2.3 (32 e 64 bit)
- Soporte de cliente de Active Directory
Trisquel (edición doméstica)
- Melloras no soporte de son