disco de recueración
- Inicie sesión ou rexístrese para enviar comentarios
Hola
Existe algún programa similar o ghost para facer un imaxen do disco duro e logo restaurar cando teñamos algún problema co pc, que garde a información das particions coa instalación do windows e do linux
Un saudo
Ricardo Paredes
Partimage pode ser o que precisas. Para instalalo, executa "sudo apt-get install partimage", e logo para arrincalo, "sudo partimage".
Nunca o uses para restaurar/gardar a partición do sistema operativo que estas a usar nese momento, para iso debes empregar o programa dende o live cd. Se o fas, lembra executar "sudo apt-get update" antes de comezar cos comandos que dixen arriba. Lembra facer unha copia do mbr, que é onde se garda a taboa de particións e o grub.
Nota: partimage non fai copia do disco entero, solo de particións. Para facer copia de seguridade do sector de arrinque e da taboa de particións, executa o seguinte (/dev/hda é un exemplo, e depende do disco concreto que queras salvar):
sudo dd if=/dev/hda count=1 bs=512 > backup-mbr-hda
sudo sfdisk -d /dev/hda > backup-taboa-hda
E para restauralos (só en caso de erro grave):
sudo dd if=backup-mbr-hda of=/dev/hda
sudo sfdisk /dev/hda < backup-taboa-hda
Tes moita máis información en http://www.partimage.org/Main_Page
- Inicie sesión ou rexístrese para enviar comentarios