Coma se pode ler no blog da Free Software Foundation, a tarxeta de membro da FSF -un excelente disco USB ultradelgado de 2GB para levar na carteira- ven agora cargado con Trisquel 3.0 Dwyn. É unha grande honra pra nós, e esperamos que todos disfrutedes moito das vosas tarxetas. ¡Xa se enviaron máis de 500!
A tarxeta pode cargar un entorno de escritorio Trisquel Live incriblemente rápido, conservando os datos e configuración dun uso para o seguinte. E tamén se pode usar coma un disco USB normal, para o que ven cargado cunha selección de arquivos de texto, vídeo e audio sobre software libre. Unha xenial ferramenta para a difusión.
¿Queres unha? É unha boa forma de apoiar ó software libre que axudará á FSF no seu esforzo de recadación de fin de ano. Doando 120$ -60$ se es estudiante- serás membro da FSF por un ano, e recibirás unha tarxeta cargada con Trisquel -cun DVD de código fonte-, cinco aliases de correo @member.fsf.org, unha invitación á reunión anual de membros, un 20% de desconto en todos os artigos da tenda de FSF, e unha subscrición ó boletín bianual da FSF. ¡E tamén é un gran regalo de Nadal!