Fallo GDM ó actualizar sistema

4 respostas [Última entrada]
mcamel
Desconectado
Joined: 01/24/2010

Despois da última actualización do sistema (que inclúe o kerner 2.6.28-18) o GDM deixoume de arrancar.

Volvendo a cargar unha imaxe do clonezilla co kernel 2.6.28-15, soluciónase, e actualizándoa de novo, volve a fallar.

Semella que non detecta correctamente a tarxeta de vídeo (nVidia G73 [GeForce 7600 GT]). Fixen mil cambios no xorg.conf sen resultado. Usando 'nouveau' en lugar de 'nv' tamén falla.

Só encontrei dúas solucións:
-utilizar 'vesa'
-utilizar o conector analóxico (DSUB-15) en lugar do dixital (DVI)

mcamel
Desconectado
Joined: 01/24/2010

Por certo, a fiestra de error que sae contén varias opcións (usar baixa resolución, editar ficheiros configuración, ver logs de errores...) pero ¡o texto está en blanco!.

Descubrín que hai que instalar o paquete 'gettext' para que se poidan ler estas opcións.

emuletas
Desconectado
Joined: 09/26/2009

Fai isto dende root: *dpkg-reconfigure xserver-xorg*

--
IPAD=IBAD: http://www.fsf.org/news/ibad_launch

mcamel
Desconectado
Joined: 01/24/2010

Xa o fixen. O que fai e eliminar a liña 'Driver "nv"' e carga o driver vesa.

Se volvo a por 'nv' ou 'nouveau' volve a fallar.

emuletas
Desconectado
Joined: 09/26/2009

Pois deixalle cargar o vesa, non?

--
IPAD=IBAD: http://www.fsf.org/news/ibad_launch