Lanzamento de Trisquel 5.5 STS Brigantia

Chegou por fin Trisquel 5.5 STS "Brigantia"! Esta edición levounos algo de tempo extra, pero valeu a pena, xa que pese a que pasamos por un grande número de cambios en varios dos compoñentes clave, acadamos moitas melloras ao tempo que preparamos o sistema para a imminente nova edición con soporte ao longo prazo. A xeito de compensación (moitas gracias pola vosa paciencia!), e debido á importancia da seguinte versión, escomenzaremos o traballo nesta antes do habitual, máis ou menos nun mes.

Brigantia ven de constituir o maior esforzo destes oito anos, e queremos dar as grazas a toda a comunidade, aos membros asociados, aos donantes e en especial a todos os que contribuíron ao desenvolvemento.

Moitas novas tecnoloxías, a mesma experiencia de usuario

Esta versión é a primeira de Trisquel baseada en GNOME 3, GTK 3 e tamén Linux-libre 3.0.0. GNOME 3 supuxo un grande desafío, debido a que co seu deseño actual, non resulta usable para a nosa comunidade. O interface por defecto de GNOME 3 é o GNOME Shell, un programa que precisa de aceleración 3d para funcionar, dado que dependa da composición OpenGL. Lamentablemente, moitas placas gráficas a día de hoxe non contan con un controlador libre que forneca deste nivel de aceleración, polo que moitos dos usuarios que escollesen empregar estes controladores libres serían relegados a un entorno de escritorio "de emerxencias". Coidamos que de este xeito moitos usuarios poderían sentir o impulso de instalaren controladores non libres para poder empregar o novo entorno de escritorio, polo cal decidimos tomar ese entorno "alternativo" e empregalo por defecto, mellorándoo na medida do posible. Afortunadamanete, este entorno alternativo é unha implemenentación en GTK 3 do panel de GNOME 2.x, que non soamente é moi usable, e inclusive máis estable que o orixinal, se non que tamén soporta as esenciais características de accesibilidade, nas que actualmente GNOME Shell deixa moito que desexar.

Outra vantaxe de empregar este entorno "alternativo" por defecto é que puidemos empregarlo para fornecer da mesma distribución de escritorio de anteriores versións de Trisquel aos usuarios que a aprecian e esperan. Por suposto, podedes adaptala e personalizala con paneis e applets coma sempre.

Esta versión inclúe, entre moitos máis:

  • Linux-libre 3.0.0
  • GNOME 3.2
  • Abrowser 11
  • LibreOffice 3.4.4

Unha mellor accesibilidade, un proxecto mellor

Seguindo co noso compromiso coa accesibilidade, temos logrado mellorar a integración co lector de pantalla Orca e outras ferramentas de acceso universal. Non foi sinxelo, dado que se viron afectadas polos cambios nas librarías básicas, pero os resultados mereceron o esforzo. Se empregades o DVD i18n, o lector de pantalla arrinca no inicio, permitindo aos usuarios con dificultades visuais instalar Trisquel por sí mesmos, obtendo un sistema final no que o xestor de acceso tamén é accesible. Falta moito para chegar a que sexa perfecto, pero seguiremos traballando moito neste importante aspecto.

Outra mellora é que agora incluímos soporte no conxunto de paquetes preinstalados para a aceleración 3d --xa non soamente experimental-- en moitas das placas gráficas de NVIDIA, grazas ao controlador libre Nouveau. Tamén podemos anunciar que a partires de agora todos eses paquetes, e os máis de 300GB de fontes e binarios dos nosos servidores, son accesibles a través de novos mirrors oficiais en Holanda e India, grazas a Jason Self e ao KMEA Engineering college respectivamente. Moitas grazas!