Revisión de Traduccións das Páxinas Web de Xov, 09/10/2015 - 02:23
As revisións permítenlle rastrexar as diferenzas que hai entre distintas versións dunha entrada.
Como empezar?
1. Comproba se es tradutor.
Só ós usuarios de este sitio web que sexan parte do grupo de tradutores se lles permite traducir contido. Os usuarios deben ver se son parte do grupo de tradutores, ben buscando nun dos seus perfís: https://trisquel.info/es/user, ou ben mirando algunha das súas publicacións no foro. De houber un letreiro co texto “I am a translator”, debaixo da túa imaxe, fuches engadido ó grupo de tradutores. En caso contrario, segue o paso dous.
2. Convírtete en tradutor.
Se non tes o letreiro de “I am a translator” (sou un tradutor) nas túas publicacións, por favor, contacta con translations@trisquel.info e na mensaxe indica o teu usuario e máis a lingua á que desexas contribuir. Confiaremos nas túas capacidades lingüísticas, e non verificaremos a túa habilidade lingüística.
3. Comproba ca túa lingua estea dispoñibel.
Mira o pé de paxina desta páxina para ver todas linguas dispoñibeis ata o momento. Se a túa lingua non se mostra debaixo, por favor, contacta con translations@trisquel.info e pide que a túa lingua sexa engadida.
Cando pidas que se engada unha nova lingua aconsellarante que consigas máis usuarios para que che axuden coa tradución á túa lingua. Podería haber moitísimo contido que necesita ser traducido así que o teu idioma só poderá ser publicamente accesíbel cando teñas un certo número traducido. Podes ler mais acerca deste número na paxina de Language Translation Status.
Se te unes ó equipo dunha lingua existente, deberías falar cos membros e presentarte, así poderás ser integrado ó seu proceso de traballo e ser máis eficientes. Hai unha lista destos equipos na paxina de Translation Teams.
4. Empeza a traducir
Agora que estás listo para comezar a traducir consulta ó teu equipo onde podes empezar. Hai dous tipos de texto que poden ser traducidos: contido e non-contido. O texto principal da páxina é contido, e calquera outro texto, coma os menús, e os letreiros é non contido. Usamos distintos métodos para cada un. Podes ler máis acerca disto na páxina de How to translate this website.
Por favor, teña nen conta que o contido das paxinas pode ter etiquetas HTML. Estas son etiquetas que empezan con “<” e rematan con “>”. Se non estás familiarizado con HTML podes ler acerca delas e así facer mellores traducións.
5. Traballo futuro
Deberías tratar de manter as páxinas da túa lingua ó día. Isto é moi importante para as páxinas da portada de anuncios. Se nalgún momento non podes seguir traducindo, avisa ó teu equipo ou contacta con translations@trisquel.info.
Calquera cordinación dentro dunha lingua e responsabilidade dese equipo. Pódesche comunicar da maneira que queiras. Proporcionamos unha lista xeral de traduciones (http://listas.trisquel.info/mailman/listinfo/trisquel-translators) e cada equipo pode agregar páxinas wikis para os seus propios propósitos. Es libre de utilizar calquera outro método como correo privado o IRC. Porén, cada equipo de tradución terá unha páxina e debes asegurarche de que calquera información importante ou cordinación para a túa lingua manténgase actualizada alí. Isto permite que os novos usuarios teñan unha visión xeral do que esta a suceder co teu idioma.
6. Información adicional
Podes coñecer acerca dos problemas relacionados co traballo de tradución en Problemas Conocidos de Traducción.
En Conceptos del Estado de Lengüaje de Traducción podes obter axuda sobre como manexar a túa lingua dependendo do seu estado (móstrase abaixo).
Linguas dispoñibeis e os seus estados.
- Español (Activa)
- Italiano (Activa)
- Galego (Activa)
- Francés (Activa?)
- Alemán (Inactiva?)