Preguntas

7 respostas [Última entrada]
GaLeGUiNHo
Desconectado
Joined: 01/15/2007

Boas noites,som novato nisto do Linux,mais levo 3 dias fedelhando no Ubuntu.
Pero nom me enche,e googleando um pouco na procura dumha distro galega cheguei ata eiqui.

Primeiro darvos os meus parabens polo voso trabalho,mais nom vai ser em vano xa que farei publicidade del,aínda que xa a fixem e nom o utilicei.

Bom.. o que ía.
¿Alquem podeme dizer pra cando teredes a version 1.0?
¿Se baixo a 0.99 podese atualizar a 1.00 cando saia sem ter que baixar a ISO?
¿Porque a maioría das distros,novas version etc,estam a empregar o Firefox 1.5 cando xa está dispoonhibel o 2.0?

E nada mais,xa que quedeime em branco agora,pero cando me venham mais preguntas a cachola as expondrei xD

Agardo impaciente esa nova version.
Obrigado
Um saúdo dende a Cidade onde naide é forasteiro. :)

Trisquel
Desconectado
Joined: 12/21/2004

Gracias polos parabéns :)

1: Estamos a facer os últimos axustes, é cuestión de días.
2: Resposta oficial: non. As Versións de proba non son oficialmente actualizables a versións estables. As estables serán actualizables cara diante sempre. A resposta non oficial e que non o temos intentado facer, e tamén podera ser que funcionase... Sexa como sexa, recomendamos a reinstalación.
3: Non sei cal e o caso de outras distros. Mentras non exista unha tradución do Firefox 2 (Iceweassel en Debian) ó galego, quedámonos na 1.5

Saudos.

GaLeGUiNHo
Desconectado
Joined: 01/15/2007

Hola,só um par de preguntas.

¿Cales som os requisitos pra instalar o Trisguel 0.99?
Xa que o acabo de instalar,pero nom me vai moi bem a verdade.

O Meu Pc nom é gram cousa,é um:

Pentium II
466 Mhz
192 MB de RAM

¿Podería optimizalo de algumha maneira pra que vaia um pouco mais lixeiro?
xa que o estou a empregar e gostame.

E outra,como fago pra poder ver as imaxes,videos,musica da particion NTFS xa que me di que nom se pode montar?

Os meu parabens outra vez,seguide asi.
Saúdos.

Trisquel
Desconectado
Joined: 12/21/2004

Os requisitos mínimos son similares o equipo que tes, polo que quizais vaia un pouco lento. A versión 1.0 final terá uns requisitos moi baixos (instalable en equipos dende 200 mhz e 64 mb de ram).
Tanto a actual (0.99) como a futura versión final contan cun escritorio lixeiro (icewm+rox), se ben éste está moito máis traballado na 1.0. Podes probalo no gdm (a pantalla onde se introduce o usuario e contrasinal), no boton"sesións" escollendo icewm.

Na versión 0.99 intentamos activar o soporte ntfs3g, pero non e moi compatible con gnome polo momento, asi que o navegador sempre cree que o disco esta desmontado. En realidade, o disco está montado en /mnt/nombre-del-dispositivo
Se non sabes o nome do dispositivo, lee o arquivo /etc/fstab
Podes chegar ata ali co navegador, pero non co icono da seccion "computador". Premendo ctrl+l permite incluir rutas completas.
A ventaxe deste procedemento e que permite escribir no dispositivo ntfs.

GaLeGUiNHo
Desconectado
Joined: 01/15/2007

Boas noites.
Instalei fai um chisco a nova version do Trisguel 1.0 xa que estaba agardando por ela.
A instalacion moi rapida e facil. (creo que nom tardou nim 20 min)
Pero o chegar o nome de Usuario e Contrasinal,escolho o escritorio GNOME.. o ponho coma predefinido pero cando iniza a sesion,sempre me sae o escritorio Lixeiro...

A que se debe? Nom se pode usar o escritorio Gnome se nom tes um Requisitos de CPU? No 0.99 podía e neste nom :(

Polo demais,moi boa pinta,aínda que alguns erros na traduciom...

E creo que facil pra xente coma eu,que da o paso a Linux.

Os meus parabens,e seguide así. Saúdos!

* Denantes mortos ca escravos *

Trisquel
Desconectado
Joined: 12/21/2004

O problema é certamente de recursos. O xestor de sesións emprega o entorno lixeiro sempre que o equipo teña menos de 200 MB ded RAM, sen importar a elección do usuario. Isto simplifica o uso... pero en certas ocasións o complica.

Se queres evitar esta limitación, comenta ou borra a liña do arquivo /usr/local/bin/Xsession que di:


[ $mem -lt 200000 ] && session=icewm || session=$1

Esta versión está en proceso de documentarse, temos que engadir esta información no wiki. Invítote (a todos) a documentar, traducir, limpar de bugs, etc.
Saudos.

GaLeGUiNHo
Desconectado
Joined: 01/15/2007

[ $mem -lt 200000 ] && session=icewm || session=$1

Se en vez de ponher 200000 o cambio a 120000 tería o limite en 120 MB nom? ou sexa se eu tenho 192 MB de RAM poderia escolher com só cambialo?

* Denantes mortos ca escravos *

Trisquel
Desconectado
Joined: 12/21/2004

Correcto :) Calquera das tres opcións e válida.