Trisguel 1.0

3 respostas [Última entrada]
Xoalde
Desconectado
Joined: 01/02/2007

Simplemente impresionante a nova versión do Trisquel. Mentres a 0.99 non me recoñecía a tarxeta de son, nin tampouco era capaz de poñer a resolución da pantalla ó meu gusto (tarxeta gráfica coñecida na súa casa nun K7 a 750MHz), agora sí. Inda que o Compiz non me vai, supoño que serán cousas da tarxeta que creo que ten 16MB de vídeo e lóxicamente non se lle pode pidir patacas a unha tomateira, pero bueno, é algo que de momento non me preocupa xa que estou a piques de ter un PC novo e ahí sí que todo irá coma a seda (espero).
A idea de rular o live CD dende o XP é simplemente xenial, e moi moi cómodo.

Tan só un "pero": non hai forma de entrar en internet, cousa que có live CD de Ubuntu sí entra todo á primeira. Disque teño un modem, e de ahí non se baixa, cando este ordenador está conectado mediante tarxeta de rede a un router. ¿Algunha suxerencia?

Meus parabéns por esta distro :)

Trisquel
Desconectado
Joined: 12/21/2004

Imos por partes

Compiz: Se o teu equipo soporta aceleracion gráfica, compiz debera de funcionar. Eu teño unha gráfica intel integrada con 8 MB de memoria compartida e funciona moi solto. Podes leer sobre o tema no wiki http://trisquel.info/wiki/index.php/Compiz

CD-Live: Estamos a documentar, e algúns detalles ainda non se coñecen, coma este: se copias as duas carpetas que veñen no cd na raiz de calquera particion de calquera disco (usb, firewire e demais incluidos), o sistema live arrinca dende ahi, E vai ata 10 veces mais rápido que do CD.

Conexión: Por ter o soporte de modem de GNOME, Trisguel sempre di que tes un modem. Iso non é un problema, se non tes modem, ignórao.
Se _soamente_ di que tes un modem, e non aparece ningunha tarxeta Ethernet, entón pode ser que non a detecte. Executa ifconfig -a como root para ver se a lista (normalmente como eth0)

xiseme
Desconectado
Joined: 01/14/2007

como fago para abrir unha sesion como root en modo grafico?
desde a ventá de entrada me indica que non se pode abrir unha sesion root.

grazas.

Trisquel
Desconectado
Joined: 12/21/2004

Resposta curta: Non podes :)

Resposta longa:
O usuario root non precisa usar o sistema gráfico, e ademais isto resulta totalmente desaconsellable. Se queres executar unha aplicacion como root (con coidado), abre unha terminal, e executa o comando "su". Isto concédeche os privilexios de root ata que executes "exit". Unha vez que sexas root na terminal, podes executar o comando que queras.

Se non es capaz de iniciar a sesión gráfica, podes iniciar unha sesión de terminal premendo Ctrl+Alt+F1. Isto lévate a terminal numero 1 (Se en vez de premer F1 premes F2, pois vas a numero dous. Tes 6 terminais; a número 7 e o sistema gráfico)
Se o premer dita combinación ves unha barra amarela de avance, preme calquer tecla para continuar.

Unha vez que inicies a sesión de terminal, podes executar os comandos que precises para arranxar o sistema.

Se prefires non seguir o consello, e iniciar a sesión como root, podes eliminar a "prohibicion" deste xeito: preme no menú de inicio > Escritorio > Administración > Fiestra de entrada. O programa que aparece tras introducir a contrasinal de root permite configurar o xestor de login. Na pestaña "Seguranza" activa "Permitir a entrada local ó administrador do sistema".