Fallos na instalación de Trisguel 1.0. Posible gráfica, SATA ou ambas.

8 respostas [Última entrada]
louBaN
Desconectado
Joined: 02/01/2007

Parabéns pola distro, mais non hai sorriso, polo de agora. Non son quen de instalar o Trisguel 1.0.

Computadora:
CPU: AMD Athlon 64 3800+
RAM: 1Gb DDR2 667 Single Channel 64-bit
PLACA: Asus M2N4-SLI (ACPI BIOS Rev. 0301)(Chipset nForce4)
GRÁFICA: GeForce 7600GT 650M 256MB DDR3 DUAL DVI TV PCI-E
DISCO: Seagate 200Gb SATA 3.AAH

Na instalación normal, despois de saír o logo de Trisquel e de rematar a barra de progreso, desconéctase o monitor e cólgase, co cal semella un problema de gráficos. Na tty1 quedan varias mensaxes sobre as tarxetas de rede (algo de que un driver non pode configurar a wlan e outros), pero nada salientable... coido.

En INICIO SEGURO si arrinca, pero vexo varias mensaxes de SATA3 (qc timeout... failed to IDENTIFY... non os pillei completos) que fai 3 intentos, e finalmente arrinca o entorno gráfico, saltando dous erros:
1. FAILED TO INITIALIZE HAL!
2. XESTIÓN DE ENERXÍA: This program cannot start until you start de dbus system service. It is strongly recommended you reboot your computer after starting messagebus.

Unha vez no escritorio tampouco fun quen de conectalo a i-net coa wifi e DHCP, pero isto sería secundario. Así que premo na icona de Instalar que está no escritorio e me di: NON SE DETECTARON DISCOS DUROS.

Decir que a Ubuntu tamén se me queda colgada, mais o Güin2 XP instalouse sen problema ningún (manda chover...!). Perdón polo "ladrillo" pero quería explicarme o mellor posible. Grazas.

Trisquel
Desconectado
Joined: 12/21/2004

Comezarei polo final: non te desculpes, canto máis "ladrillo", máis sinxelo de atopar o erro.

Parece que á tua placa non lle gustan os pingüinos. :( Para tentar de atopar o(s) erro(s), preciso a saida dos seguintes comandos (executados como root):

lspci -v > /home/trisquel/Desktop/lspci
dmesg > /home/trisquel/Desktop/dmesg
hal-device > /home/trisquel/Desktop/hal
hwinfo > /home/trisquel/Desktop/hwinfo

Isto xenera uns arquivos, que quedan no escritorio. Como e moooito texto, non o pegues no foro, envíamos a name at domain

louBaN
Desconectado
Joined: 02/01/2007

Moitas grazas pola túa rapidísima resposta :^) mais... Houston, temos un problema. Nunca pensei botar de menos unha disqueteira destas alturas, explícome:

As túas instruccións están claras e doadas de facer, mais non sei como enviarche os arquivos resultantes. Sigo sin ser quen de que conecte a internet, así que por aí non vai. Só teño unha unidade lectora/gravadora polo que cando tiro o cd de Trisguel deixan de rular as aplicacións (só arrinca en modo live seguro). E non teño disqueteira... pfff

Teño unha partición en Fat32 precisamente pra intercambio de arquivos entre os sistemas, pero non a monta no arrinque e non lembro como se facían esas cousas. Mañá mirarei de tentar montala e gardalos alí.

Grazas de novo.

Trisquel
Desconectado
Joined: 12/21/2004

Se como parece ser, non detecta os discos internos, a solución máis sinxela pode ser enchufar un disco usb unha vez estés no escritorio de Trisguel. Un lector de tarxetas, un pendrive... :)

louBaN
Desconectado
Joined: 02/01/2007

Xa o fixen e nin caso. Non me vai quedar outra que enchufarlle un IDE.

Velaquí o tipo de cousas que fan que moitos usuarios desesperen e non migren a linux, mais a culpa non é dos desarrolladores se non dos fabricantes de hard, que dan todo tipo de solucións ás cagadas dos sistemas do Guillerme e pasan olimpicamente do soft libre.

Pero eu son moi cacholán ;-)

louBaN
Desconectado
Joined: 02/01/2007

Pinchei un IDE e por fin conseguín sacar os arquivos, xa che van no correo.

Zenks

Trisquel
Desconectado
Joined: 12/21/2004

Polo que vin de momento, é probable que podas empregar os discos sata se lle pasas o parámetro "irqpoll" no arrinque (no modo a proba de erros). No equipo de desenvolvemento (un MacPro, de momento pouco soportado) pasa algo parecido, e parece estar arranxado no kernel 2.6.19. Se con irqpoll os sata son usables, o seguinte paso sería facer un kernel á medida desa placa tua tan divertida ;)

louBaN
Desconectado
Joined: 02/01/2007

Pois si, co parámetro "irqpoll" funciona o disco sata, mais o seguinte paso de facer un kernel á medida vai ser moita leria pra min, así que aquí me planto, á espera de que futuras versións do kernel amañen o asunto :(

Grazas pola vosa axuda

Trisquel
Desconectado
Joined: 12/21/2004

Faremos un kernel 2.6.20 pronto, e aparecerá nos repositorios en estado de beta, como instalación opcional. Indicaremos a publicación na seccion de descargas.