quedase teso de cando en vez
- Inicie sesión ou rexístrese para enviar comentarios
boas, instalei trisquel, e de cando en vez pon se a traballar el so e non me deixa facer nada. Asi durante dous minutos +-.
esto faio inda que non teña ningún programa aberto.
vexo me algo perdido xa que son novato nisto.
Para saber cal é o programa que fai que o sistema vaia lento esporádicamente, podes ter unha terminal sempre aberta, e executar o comando "top" nela. Aparecerá unha lista ordeada dos procesos de maior a menor uso de procesador.
Tamén podes saber o uso de memoria se premes maiusculas+m; para volver a medir o procesador, maiusculas+p.
Ten a terminal aberta, e cando te pase de novo mira cales son os procesos problemáticos. Dínos cales son, para aconsellarte e comprobar se é un erro de trisquel.
ben moi agradecido pola vosa informacion xa aprendin algo.
estes son os que mais cpu consumen ( co amule e o mozila abertos)
-gnome terminal 98% cpu e outra vez pasou me con este
- kblocked/0 97.5% cpu
se no teño ningún programa aberto non son capaz de colle lo desde que mandei a mensaxe...........cousa de meigas.
pero se teño o amule posto,vexo que (despois de un bo rato mirando o que consume cada proceso),este amule non pasa de consumir o 12% de memoria e inda asi está ocupada case que toda a ram. Vexo que non pasa do 50% da cpu inda que acabase de baixar algo.
Esto que me pasa non sei se e culpa miña ou de que? e normal que consuma case que toda a memoria ram co amule e o mozilla abertos xa que solo ten libre 9204 K?
para mais info o meu procesador e un amd de 1200 MHz e teño 512 MB de ram
gracias polo voso traballo.e por nos axudar.
"quero escapar do win"
Kblocked é un proceso do kernel relaccionado coa entrada e saida, e imaxino que o problema de uso de procesador debese a algun driver ou dispositivo, non a un programa desbocado. Envía a saída do comando dmesg a name at domain para comprobar onde está o erro.
Respecto a memoria, ter o 95% da ram en uso é normal. Ainda que tiveras 2GB de ram pasaríache o mesmo logo de ter o equipo en uso durante unhas horas. Linux non borra o contido das caches despois de acceder a un ficheiro ou cargar un programa, polo que a memoria vaise enchendo. Isto fai que os programas que xa se executaron, arrinquen moito máis rápido por segunda vez (e o mesmo para os arquivos). Se fai falla memoria, libéranse cachés automáticamente. Din que o Window$ Vista imita esta cualidade de Linux.
xa mandei iso o correo (comando dmseg) gracias pola axuda.
Polo que veo no dmesg, parece que podes ter algun erro nunha partición. Proba a executar "sudo umount -a" e usar o sistema unhas horas con todas as particións desmontadas, para ver se o erro desaparece. Logo xa veremos como arranxalo :)
parece que vai mellor.O que fai con ese comando tamen e parar a conexión de rede.
habiliteina outra vez, e non parece que se quede teso. A ver o que pasa.:)
boas, agora xa teño unha soa particion e parece que vai lento igual.
Interrogatorio (contestacions voluntarias)
i) ¿como fago para configurar a saida da tarxeta grafica para que se vexa no tv
ii)¿é normal que un dia haia son e outro non? (aleatoria mente)
iii)¿non sei se é o meu pc ou que pero os filmes van a saltos ou quedan se parados?
iv) cantas preguntas podo facer sen caer pesado ou que non me contestedes mais
v) sabedes de cursos para iniciacion de persoas coma min, avidas de coñecemento, e sen moita base informatica? (en ourense)
Por desgracia atopamos un bug no kernel de Trisguel 1.0 relativo ó soporte de placas con chipset Via no tocante o acceso os discos duros. Estamos a desenvolver un kernel 2.6.18 correxido, e un kernel 2.6.20 para probas.
i: Depende da marca e modelo da tarxeta. ¿Cal tes?
ii: Pois non moito, pero en certas circunstancias pode pasar. Por exemplo, se tes duas tarxetas de son. O mais probable, de todas formas, é que faie o control de volume. Proba a executar aaumix -v 80 -b 80 -c 80 -i 80 -l 80 -m 80 -o 80 -p 80 -s 80 -t 80 -w 80 -x 80 -1 80 -2 80 -3 80
iii: O máis probable e que sexa debido o bug do kernel.
iiii: Todas as que te peten :)
iiiiiihhhh!!!: Pois non, a verdade. Pero sei do Grupo de Usuarios de Linux de Ourense ou GULO. Realizan cursiños, quedadas, hacknights, e máis cousas. Podes facerte socio e ir por ali a facerlles preguntas. Eles tampouco se cansarán de responderte :)
i: ATI Radeon 7000 64MB o device manager di que se chama:Radeon RV100 QY [Radeon 7000/VE]
ii: executei iso (puxen aumix) ¿e para poñer todo o 80%?
iii:vale esperarei
iv: pois seguirei preguntando cando teña mais dudas
v: poñerei me en contacto con GULO para toleal@s con dudas.
graciñas por todo.
i: http://gentoo-wiki.com/HOWTO_TV-Out#ATI-opensource-driver
ii: Si. ¿Funcionou?
- Inicie sesión ou rexístrese para enviar comentarios