Non teño son (placa ASRock ALIVENF6G-DVI)

9 respostas [Última entrada]
marcos
Desconectado
Joined: 05/30/2007

Primeiro da-la miña noraboa ós que fixeron posible Trisquel (para min ten moita máis calidade que Ubuntu por exemplo), e agora a parte menos boa...
Instaleino e vai todo ben menos o son, non teño tarxeta, ven integrada na placa, supoño que será que non a recoñece.
¿Alguén me pode botar unha man?

Trisquel
Desconectado
Joined: 12/21/2004

Fai falla saber qué modelo de tarxeta temos diante... O comando lspci servirá para adiviñalo.

marcos
Desconectado
Joined: 05/30/2007

A saida do comando é esta:

00:00.0 RAM memory: nVidia Corporation MCP61 Memory Controller (rev a1)
00:01.0 ISA bridge: nVidia Corporation MCP61 LPC Bridge (rev a2)
00:01.1 SMBus: nVidia Corporation MCP61 SMBus (rev a2)
00:01.2 RAM memory: nVidia Corporation MCP61 Memory Controller (rev a2)
00:02.0 USB Controller: nVidia Corporation MCP61 USB Controller (rev a2)
00:02.1 USB Controller: nVidia Corporation MCP61 USB Controller (rev a2)
00:04.0 PCI bridge: nVidia Corporation MCP61 PCI bridge (rev a1)
00:05.0 Audio device: nVidia Corporation MCP61 High Definition Audio (rev a2)
00:06.0 IDE interface: nVidia Corporation MCP61 IDE (rev a2)
00:07.0 Bridge: nVidia Corporation MCP61 Ethernet (rev a2)
00:08.0 IDE interface: nVidia Corporation MCP61 SATA Controller (rev a2)
00:08.1 IDE interface: nVidia Corporation MCP61 SATA Controller (rev a2)
00:09.0 PCI bridge: nVidia Corporation MCP61 PCI Express bridge (rev a2)
00:0b.0 PCI bridge: nVidia Corporation MCP61 PCI Express bridge (rev a2)
00:0c.0 PCI bridge: nVidia Corporation MCP61 PCI Express bridge (rev a2)
00:0d.0 VGA compatible controller: nVidia Corporation GeForce 6100 nForce 430 (rev a2)
00:18.0 Host bridge: Advanced Micro Devices [AMD] K8 [Athlon64/Opteron] HyperTransport Technology Configuration
00:18.1 Host bridge: Advanced Micro Devices [AMD] K8 [Athlon64/Opteron] Address Map
00:18.2 Host bridge: Advanced Micro Devices [AMD] K8 [Athlon64/Opteron] DRAM Controller
00:18.3 Host bridge: Advanced Micro Devices [AMD] K8 [Athlon64/Opteron] Miscellaneous Control

Poño todo por si acaso pero supoño que o que interesa será esta liña:
00:05.0 Audio device: nVidia Corporation MCP61 High Definition Audio (rev a2)

Trisquel
Desconectado
Joined: 12/21/2004

Acabamos de reparar un erro no sistema de configuración de son. Actualiza o teu sistema (inicio > escritorio > administración > xestor de actualizacións) e proba o comando sudo alsaconf.

marcos
Desconectado
Joined: 05/30/2007

¿Sería posible facelo sen conexión a internet?
E que no ordenador que non ten son, tampouco dispoño de conexión a internet.
Se se pode ben, e se non, tampouco pasa nada, cargo o ordenador ata onde a teño.
Grazas.

Trisquel
Desconectado
Joined: 12/21/2004

Podes reparar o comando alsaconf manualmente executando isto:

sudo rpl "modprobe -r" "rmmod" /usr/sbin/alsaconf

logo xa o podes executar con sudo alsaconf

marcos
Desconectado
Joined: 05/30/2007

Xa o fixen, e agora funciona o alsaconf, pero dime que non atopa unha tarxeta p&p e que se quero instalar unha ISA (probei un par delas, pero claro, a miña tarxeta non é ISA).

Trisquel
Desconectado
Joined: 12/21/2004

Proba este comando:

sudo modprobe snd-hda-intel

e logo proba se tes son.

marcos
Desconectado
Joined: 05/30/2007

Nada, non fai absolutamente nada.

Cando meto o comando non me contesta nada (non sei se é normal).

E logo, o son segue sen funcionar, non cambia nada.

Trisquel
Desconectado
Joined: 12/21/2004

É normal que non conteste. Podes saber o que lle "di" ó kernel executando dmesg a continuación (as ultimas liñas corresponderán o resultado dese comando).