Revisión de Lanzamento de Trisquel 5.0 de Sáb, 09/17/2011 - 12:31

As revisións permítenlle rastrexar as diferenzas que hai entre distintas versións dunha entrada.

No que xa podemos considerar unha tradición, celebramos o Día da liberdade do software publicando Trisquel GNU/Linux 5.0 STS, a nosa última versión de nome en clave Dagda.

Hoxe lanzamos a versión estándar baseada en GNOME e a lixeira Trisquel Mini sobre LXDE. Os usuarios de Trisquel 4.5 poden actualizarse empregando a aplicación update-manager, sen necesidade de reinstalar o sistema. As implantacións avanzadas -servidores, RAID/LVM, cifradas, etc.- poden executarse mediante as imaxes netinstall. Outras dúas edicións, unha baseada en KDE e outra co entorno educativo Sugar chegarán en breve.

A edición estándar incorpora, entre moitos outros, os seguintes paquetes:

  • Linux-libre 2.6.38
  • GNOME 2.6.32
  • LibreOffice 3.3.3
  • Abrowser (o noso navegador web xenérico baseado en Mozilla Firefox) 6.0.2

Aproveitamos para agradecer á FSF, e ao seu interno de campañas Jonathan Nadeau por axudarnos a mellorar o soporte de accesibilidade desta edición. Entre outros cambios, o DVD internacional arrinca o sistema cun lector de pantalla activo por defecto, permitindo aos usuarios con discapacidades visuais executar e instalar o sistema sen necesidade de axuda. Este cambio será aplicado tamén á imaxe cargada nas tarxetas de membro da FSF.

Descargádeo agora, e compartídeo no voso entorno!

E lembrade, podedes axudar á continuidade deste proxecto mediante unha doación, mercando un souvenir nas nosas tendas ou facéndovos socios.

Live CD
Instalador
Navegador web