Non funciona a Rede

1 reply [Última entrada]
secadeco
Desconectado
Joined: 04/25/2007

Ola,

Durante algún tempo levo funcionando con Trisquel sen problemas. Hoxe o xestor de actualizacións realizou un conxunto de actualizacións do sistema (un total de 450 ficheiros) e ao final tiven que reiniciar o sistema.

Ao reiniciar a rede xa non funciona. Non teño conexión a internet nen nada. Ainda así conservar as ips e a configuración que tiña como correcta e na patalla de actividade de rede di que eth0 está conectado e recibe paquetes (pero non envia).

Tentei configurar outra vez a rede co network-administrator pero ao abrilo non figura ninguna conexión (nin Ethernet, nin wireless, nin nada..) aparece a ventá de conexións baleira e claro non podo facer nada.

Existe algunha solución a este problema? Teño que instalar de novo todo o trisquel?

Trisquel
Desconectado
Joined: 12/21/2004

Parece o resultado dunha desconfiguración do apt. Todas as solucións posibles requiren acceso a internet, e trala actualización dos 450 paquetes (supoño que instalaronse os paquetes de debian sobre os de trisquel) non resulta sinxelo arranxalo, polo menos sen acceso directo á máquina. Recomendoche que reinstales :( Se fas unha copia de seguridade do /home e da lista de programas que instalaches (executa debfoster -a) simplificaras a tarefa.

Estamos a pensar motivos polos que este problema pode suceder, para evitar que se repita.