Por fin está dispoñible para descargar a esperada Trisguel GNU/Linux 1.5 Sirona.
A imaxe ISO do cd pode descargarse nesta ligazón
Inclúe moitas novidades entre as que destacan:
- Kernel 2.6.22, con máis de 1700 drivers
- Gnome 2.18
- OpenOffice.org 2.2, con correctores de galego e castelán
- Gimp 2.4
- Novo sistema gráfico autoconfigurable (Xorg 7.2 + xrandr)
- Melloras no sistema de impresoras, 1500 modelos soportados
- Aspecto renovado
- Novo sistema de arrinque live-initramfs
Coma sempre, inclúe máis de 1000 paquetes de software preinstalado dun total de 20.000 dispoñibles, e todos 100% libres. Entorno e programas en galego, castelán e inglés.
Trisguel 1.5 servirá de base para Trisquel Empresas 1.0, que será presentada no SIMO '07, dentro de apenas dúas semanas. Estades todos invitados :) (Pabillón 1, stand A160).
Os usuarios de Trisguel 1.0 poderán pasar á 1.5 mediante o xestor de actualizacións, funcionalidade que estará dispoñible dentro duns días.