Próximos eventos de Trisquel para a presentación da versión 5.5

Trisquel 5.5 Brigantia está case lista, e amosarémola en dous grandes eventos nos próximos días:

Northeast GNU/Linux festival

Fomos invitados ó segundo Northeast GNU/Linux festival en Worcester -Massachusetts, USA- a cal está organizada por Jonathan Nadeau, quen axudou a mellorar a accesibilidade de Trisquel nas dúas últimas versións. Grandes nomes para un gran evento!

Programa

Sábado 17 de Marzo:
  • 10 a.m. a 10:45 Jon "Maddog" Hall - Director executivo de Linux International
  • 11 a.m. a 11:45 Jonathan Nadeau - Frostbite Media
  • 12 a.m. a 12:45 Max Mether - Manager de Servizos de Formación para SkySQL
  • 1 p.m. a 1:45 Ruben Rodriquez - Fundador de Trisquel
  • 2 p.m. a 2:45 Dru Lavigne - Director da FreeBSD Foundation
  • 3 p.m. a 3:45 John Sullivan - Director executivo da Free Software Foundation
Xa dispoñíbel para escoitar e descargar dende aquí: http://frostbitemedia.org/sites/default/files/Frostcast%20066.ogg

LibrePlanet

E falando de grandes eventos, anunciaremos o lanzamento de Trisquel 5.5 Brigantia durante o LibrePlanet, a conferencia anual da FSF en Boston.

Programa

A programación para Libreplanet é inmensa, mellor léaa aquí. A charla sobre o lanzamento de Trisquel será ás 11:00, o sábado 24 de marzo.