Publicado Trisquel 2.2 Robur

Trisquel 2.2

Trisquel 2.2 Robur está listo para descarga. Esta é a terceira e derradeira actualización de mantimento da rama 2.x LTS, que terá soporte ata 2013. As 6 imaxes ISO publicadas hoxe -32 e 64 bit para cada unha das tres edicións- incluen máis de 200 actualizacións de paquetes, un novo tema GTK máis limpo, e catro novos idiomas preinstalados -a lista inclue agora galego, español, catalán, chinés, francés, hindi, inglés, portugués e vasco-. Esta selección de idiomas coincide coa de Trisquel 3.0, que está case lista para ser publicada.

Unha páxina de descargas renovada está en camiño -para facer mellor uso do novo mirror nos Estados Unidos proporcionado pola FSF-, e un selector de mirrors foi engadido tamén o xestor de paquetes. A Free Software Foundation tamén está a axudar coa documentación, para facer posible a migración dos seus servidores a esta versión de Trisquel.