Trisquel 3.5 Edu Demo

Trisquel 3.5 Edu Demo é unha demostración do potencial de Trisquel GNU/Linux en contornos educativos, e mostra as características que terá a versión final de Trisquel Edu LTS 4.0 cando se publique a finais de Maio.

O Live CD instalable pode descargarse aquí:
* http://devel.trisquel.info/trisquel-edu-demo_3.5_i386.iso
* http://devel.trisquel.info/trisquel-edu-demo_3.5_i386.iso.md5

Trisquel 3.5 Edu Demo non se recomenda a usuarios finais. A versión 4.0 terá soporte a longo prazo (LTS, long term support) por 5 anos.

Esta versión inclúe as novidades de Trisquel 3.5 "Awen" -baseado en Ubuntu 9.10 e publicado a finais de marzo- entre as que destacan:

* Kernel 2.6.31
* Xorg 7.4
* GNOME 2.28
* OpenOffice.org 3.1.1
* Navegador Web baseado en Mozilla 3.5
* Soporte para cifrado dos datos de usuario
* Novo sistema de arrinque máis rápido
* Formato de arquivos de sistema en ext4

Este demo para educación inclúe un conxunto de aplicacións extra, destacando as seguintes:

* Paquetes educativos da edición Trisquel Edu preinstalados:
** Calibre e fbreader: Lectores de e-books
** Kstars e Stellarium: simuladores astronómicos
** Lyx: editor de documentos LaTeX
** Gbrainy: xogo educativo no estilo de Brain Training
** Qcad: ferramenta de deseño asistido por computador (CAD)
** Rosegarden: editor de partituras con secuenciador MIDI
** Ardour: estudo de gravación de audio multipista
** Gcompris, Jclic: conxuntos de actividades educativas
** Tuxpaint, gpaint: programas de debuxo para nenos
** Audacity: editor de arquivos de audio
** Emacs: editor de textos avanzado
** Inkscape: editor de imaxes vectoriais
** Scribus: editor de publicacións e revistas
** Dia: editor de diagramas
** Blinken: xogo de memoria estilo Simón
** Gobby: editor de textos colaborativo
** Kig: explorador de xeometría
** Oregano: editor e simulador de circuítos electrónicos
** Kbruch: xogo con fraccións
** Kanagram, Khangman, Kwordquiz: xogos de letras e palabras
** Kmplot: visualizador de funcións matemáticas
** Ktouch: curso de mecanografía
** Kturtle: aprendizaxe de programación con LOGO
** Tuxmath: xogo de matemáticas
** Xaos: visualizador de fractales

* Contorno educativo Sugar:
** Sugar é un completo contorno educativo para nenos, deseñado para educación primaria e usado no proxecto One Laptop Per Child
** En lugar da paradigma de escritorio, Sugar ten un aspecto innovador orientado a actividades, non a programas ou a xanelas.
** Este demo inclúe máis de 30 actividades, para lingüística, matemáticas, física, debuxo, recoñecemento de formas e cores...
* Software de xestión académica SchoolTool: unha ferramenta que permite aos administradores da escola xestionar horarios, profesores, alumnos, grupos, notas, asistencia e competencias.
* Antivirus e cortafuegos con interfaz gráfica.
* Suite completa OpenOffice.org
** Editor de texto
** Folla de cálculo
** Editor de presentacións
** Xestor de base de datos
** Editor de ecuacións
** Correctores ortográficos de galego, castelán e inglés

* Ferramentas de xestión de aula
** Trisquel Edu inclúe unha ferramenta que permite -se os equipos dos alumnos están conectados á rede local da clase- que o profesor visualice os monitores dos alumnos no seu propio computador, permitíndolle administrar, interactuar ou mesmo bloquear temporalmente o uso dos computadores.
** Sistema de servidor LTSP: permite instalar un sistema de clientes lixeiros, no que os portátiles poden conectarse a un servidor de aula e funcionar como terminais. Isto simplifica o mantemento da aula baixando o custo total de propiedade.

Menú do sistema
Diagramas e electónica
Gcompris e Jclic, actividades educativas
Astronomía
Álxebra e geometría
Lector de e-books
Xogos matemáticos
Xogos de letras
Mecanografía e xogo de lóxica
Editor musical
Contorno Sugar
Lector de libros en sugar
Etoys / Squeak
Física
Contorno de programación LOGO