Logo de máis de dez mil descargas directas dende o lanzamento da versión 4.5 fai agora dous meses, publicamos unha actualización incremental incluíndo toda-las actualizacións de seguridade e correccións de erros aplicados ata a data, ao tempo que expandimos ó conxunto desta edición cos sabores Mini e Netinstall.
Algunhas das melloras inclúen un soporte mellorado de software para RAID e módems 3G, clientes fixos de transmisión de vídeo en liña, soporte para tarxetas Atheros USB-802.11N, e moitas outras actualizacións e parches de seguridade.
A edición Mini é unha actualización incremental da versión orixinal 4.0, a meirande parte dos cambios son correccións de erros e melloras estéticas. A imaxe Netinstall - que polo de agora sairá con cada versión de Trisquel - permite personalizar a instalación - dende sistemas de interface de liña de comandos mínimo, ata varias configuracións de escritorio ou servidor-, e con características avanzadas como LVM, RAID ou cifrado de disco completo entre outros moitos.
Se estás usando a versión 4.5 e tes toda-las actualizacións aplicadas xa está ao día, non é preciso facer novamente a instalación.