Trisquel 6.0 LTS "Toutatis" xa dispoñíbel!
Despois dun logo tempo de agarda, xa está dispoñíbel esta versión de Trisquel, baseada en Ubuntu Precise, e como ven sendo habitual, cheo das bondades do software libre. Continuamos proporcionando unha experiencia de usuario de escritorio clásico sinxela de usar e completa con todo o preciso para disfrutar e traballar con internet, ferramentas de oficina e comunicacións e utilidades para a rede social. A por ela, ¡antes de que arrefríe!
Novas características
- Linux-Libre 3.2
- Xorg
- Abrowser 19
- GNOME 3.4
- LibreOffice 3.5
Un mellor navegador
O noso navegador sen nome (Abrowser, un derivado de Firefox que non recomenda software non libre) inclue nesta ocasión importantes novidades, coma o soporte completo de vídeo mediante HTML5 (WebM, h264 e outros formatos) que permite empregar sitios como Youtube sen ser preciso empregar complementos. Esta versión tamén amosa ficheros pdf integrados e da soporte a aplicacións de mensaxería instantánea e vídeo conferencia directamente no navegador mediante WebRTC.
Accesíbel por defecto
Fai xa bastante tempo comezamos unha búsqueda en pos da mellor experiencia para usuarios discapacitados, de xeito que adoitabamos crear unha versión especial, o "live-DVD" internacional, que eliminaba as barreiras dixitais por defecto. Nesta nova edición levamos esta idea un paso máis adiante, de xeito que todas as imaxes son accesíbeis por igual para usuarios con deficiencias visuais: se durante o proceso de arranque do entorno "live" non se toca ningunha tecla durante a conta atrás de 30 segundos, o lector de pantalla arrincará en modo activo ao amosarse o escritorio.
Soporte extendido
Esta edición é de tipo LTS (Long Term Support, soporte a longo prazo), o que implica que se publicarán correccións de erros e melloras de seguridade ata o 2017. Ademais, decidimos mudar o noso ciclo de lanzamentos de agora en diante: deixaremos de publicar versións de soporte a curto prazo cada seis meses, centrándonos en proporcionar o mellor soporte posíbel as versións LTS, incluindo melloras retrocompatibles a elementos clave como el kernel, el navegador y el sistema gráfico entre otros. Tamén faremos moito máis sinxelo para os voluntarios a posibilidade de incorporar e manter versións máis novas de paquetes extra mediante un repositorio opcional revisado pola equipa pero mantido pola comunidade.
Publicaremos inda así versións de actualizacións das imáxes cada seis meses, que incluirán todalas melloras levadas a cabo no sistema durante ese período.
¿Cómo anovar?
Se actualmente empregas Trisquel 4.0 ou 5.5, un aviso de nova edición dispoñíbel aparecerá no xestor de actualizacións (no caso de empregar Trisquel nun servidor ou en xeral sen interfaz gráfica, executa "sudo do-release-upgrade"). Se empregas Trisquel 4.5 ou 5.0 terás que realizar as actualizacións a cada versión sucesiva (4.5, 5.0, 5.5, 6.0) ou actualizar de xeito directo manualmente á nova edición. Pide axuda a un membro da comunidade con experiencia se precisas dela, no nosos foros, listas de correo ou canles irc.
¿Cómo axudar?
Con esta edición, mantemos as fontes para xerar máis de mil paquetes adaptados a Trisquel, para solucionar problemas de liberdade ou licenzas, protección da privacidade, usabilidade e accesibilidade entre outras características. Mantemos todos os recursos nos mesmos (compilación, distribución e servidores web) e todos os nosos servizos online executanse nas nosas propias máquinas, axudándonos a ser completamente independentes. Isto redunda nun gran esforzo, gustarianos que a nosa comunidade tomase parte distol. Estamos mellorando os nosos servizos de desenvolvemento para dar acubillo a hackers voluntarios que axuden a mellorar o sistema, pero se non sabes cómo solucionar erros ou manter paquetes, inda podes contribuir mellorando a wiki, axudar a outros nos foros, traducindo contidos, ou atopando e informando sobre fallos. E se non dispós de tiempo para iso, inda así podes axudar facendo unha doazón, unindote o noso programa de membros asociados, ou mercando agasallos nas nosas tendas.