Trisquel con Sugar

SugarNo proxecto Trisquel estamos a desenvolver unha nova iniciativa, consistente nunha imaxe de CD/USB "live" e instalable que executa a última versión da plataforma de aprendizaxe Sugar: "A plataforma de aprendizaxe Sugar, que ven de gañar numerosos recoñecementos, promove a aprendizaxe colaborativa mediante Actividades Sugar encamiñadas cara o pensamento crítico, o núcleo dunha educación de calidade. Deseñada de cero específicamente para os nenos, Sugar ofrece unha alternativa ao tradicional software "de oficina" Este novo proxecto mellorará o sistema Trisquel Edu, fornecendo un magnífico entorno educativo para estudiantes de primaria. Esperamos que sexa tamén o comezo dunha produtiva relación coa xente de SugarLabs, quenes nos axudaron moito a conseguir este lanzamento. Queremos dar moitas gracias a Aleksey Lim en particular e a todos no proxecto Sugar por manter este marabilloso software! O proxecto foi presentado durante o Día do Software Libre 09 organizado pola Free Software Foundation. Anunciada por Walter Bender, o fundador de SugarLabs, a nosa solución Sugar+Trisquel fornece dun xeito de empregar este magnífico software educativo nun sistema totalmente libre. Trisquel 3.0 tamén estivo presente, dispoñible para o seu uso polo público nos ordenadores do evento.

Puntos destacados

  • Construída empregando as últimas versións dispoñibles de Sugar e Trisquel.
  • Live CD instalable, incluíndo unha utilidade de auto-comprobación MD5.
  • Datos de usuario persistentes nas sesións live-usb, inclúe un creador gráfico de pendrives.
  • Menú de arrinque con 30 idiomas seleccionables.
  • Soporte de clientes lixeiros LTSP empregando un servidor Trisquel Edu.
  • Artwork co estilo de Sugar.

Descarga e proba

Podes colaborar connosco e co proxecto Sugar probando a imaxe iso candidata, dispoñible en: http://devel.trisquel.info/sugar/trisquel-sugar_3.0-LATEST_i686.iso. Envía calquera erro que atopes ao noso xestor de incidencias. Informaremos tamén del ao proxecto Sugar no caso de que non sexa causado polo sistema de base Trisquel.

Screenshots

Selector de idiomas
Menú do Live CD/USB, en chinés
Cargando o sistema
Pantalla de acceso do usuario
A pantalla principal de Sugar
Instalando ao disco...
Creador de Live USB