Tras meses de traballo, sae a luz Trisguel GNU/Linux PeME 1.0 Beta, co nome en clave "Arianrhod". Está baseada en Trisguel (e polo tanto emprega Gnome), e foi deseñada específicamente para as pequenas e medianas empresas galegas.
Inclúe software específico de xestión (Facturalux e Gesticam), de bases de datos (PostgreSQL), de desenvolvemento (Anjuta, Glade), de computación (OpenMPI), etc.
Esta é a primeira Beta. A versión final publicarase en Xaneiro de 2007.
Esta distribución é o resultado do proxecto de investigación e desenvolvemento "Trisquel PeME", que está a ser desenvolvido por Imagos Solucións Tecnolóxicas, e cofinanciado pola Unión Europea a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, da Xunta de Galicia.
Pódela descargar neste link.
O MD5 é: 38d17557dbd955923d056c276f780858