Recursos útiles para o usuario de Trisquel:
Obter Axuda:
Podes atopar axuda sobre Trisquel no wiki e nos foros. Tamén pódeste por en contacto con nós mediante o formulario de contacto, ou conectarte á canle de chat #trisquel na rede de IRC Freenode e falar con outros usuarios e desenvolvedores.
Manterse informado:
Se queres estar ó dia acerca do proxecto Trisquel, recibindo novas, avisos para usuarios, ou anuncios da publicación de novas versións, podes darte de alta nas listas de correo. Tamén temos un grupo no servizo de microblogging identi.ca.
Colaborar co proxecto:
Trisquel é un proxecto aberto no que pode colaborarse de moitos xeitos: programando aplicacións e melloras, ampliando a nosa documentación, traducindo software o teu idioma, ou simplemente descargando o cd e enviando os erros atopados.
Informar dun erro:
Se atopaches un fallo en Trisquel GNU/Linux, podes informar a traveso do formulario de incidencias.