Instalación OEM
Unha forma de fácil e práctica de distribuir software libre sen maiores complicacións é vender equipos de computación con Trisquel pre-instalado.
Esta práctica deixa do lado do persoal técnico a selección de hardware cuias especificacións sexan compatibles con software libre e do lado do usuario a configuración inicial de usuario tales como idioma, ubicación, nome do usuario, nome do equipo e contrasinais.
Pasos para unha instalación OEM:
1. Descargar-la Imáxe ISO, copiala nun CD ou nun Dispositivo USB e instalar normalmente.
2. Utilizamo-los seguintes datos para a instalación:
- Nome de Usuario: OEM
- Nome para inicio de sesión: oem
- Contrasinal:123456 (pode ser calqueira)
- Nome da Máquina ou equipo: oem
3. Iniciar sesión, conectar a internet e instala-las actualizacións do sistema que correspondan.
4. Instala-las aplicacións que se requiran ou se consideren convintes de acordo o uso probable que lle dará o equipo séu usuario final.
5. Nunha terminal executamos:
sudo aptitude install oem-config sudo aptitude install oem-config-gtkIsto instalará os paquetes necesarios para a configuración OEM do equipo.
6. Reiniciamos o equipo.
7. Nunha terminal executamos:
sudo oem-config-prepareIsto prepará o equipo para a súa configuración polo novo usuario a próxima vez que se encenda.
NOTAS:
- Seleccione a descarga de Trisquel segundo a arquitectura do computador.
- O usuario oem é borrado no momento de realiza-la configuración do novo usuario.
- Se o considera pertinente, clone ou faga unha imáxe do disco duro do equipo para facilita-la replicación da configuración realizada e poder utilizala notros equipos.
- A excepción da arquitectura (i686 óu amd64) poderá utiliza-la misma imáxe en calquer equipo cuio hardware sexa compatible con Software Libre.