Política de publicidade

Trisquel é unha organización comunitaria sen ánimo de lucro. Precisamos da vosa axuda para impulsar o noso traballo, e por iso establecimos un método para recibir doacións, e tamén incluímos publicidade na nosa páxina web.

Captación ética de fondos

Queremos que tódalas partes do noso proxecto se realicen de forma ética, especialmente aquelas relacionadas cos nosos fondos. Eliximos unha rede publicitaria que nos permite aprobar manualmente os anuncios que se verán na nosa web antes de que cheguen a ela, evitando así publicitar cousas pouco recomendables, coma o software privativo.

Rexeitamos aproximadamente o 50% dos anuncios ofertados á nosa web, eliminando entre outros anuncios de:

  • Programas non libres
  • Hardware que precise drivers non libres
  • Anuncios que requiran flash
  • Páxinas que induzan á ludopatía
  • Pornografía
  • Calquera cousa que nos pareza un timo.

Sen embargo podemos equivocarnos, así que se un anuncio pouco apropiado atravesa o filtro, comunícanolo mediante a páxina de contacto para que podamos corrixir o problema.

Revisión

06/13/2010 - 20:29
Trisquel