ThinkPenguin

Que é ThinkPenguin?

ThinkPenguin vende produtos compatíbeis coa liberdade. Iso significa que os seus produtos funcionarán con calquera sistema operativo de software libre. Isto é posíbel grazas á venda de produtos con chipsets compatíbeis co software libre.

O software libre é un conxunto de principios que garanten que os usuarios finais reteñen o control total sobre o seu ordenador. O software libre pode ser empregado, estudado e modificado sen restricións.

Os chipsets que eles venden fomentan o desenvolvimento comunitario e a participación dos usuarios. Os usuarios non poden bloquear a un provedor ou produto, vense forzados a realizares unha actualización custosa, ou teñen outras restricións dixitais postas neles.

Cada vez que vostede merca un produto de ThinkPenguin o 25% dos beneficios serán doados ao proxecto Trisquel. Para facer unha doazón a Trisquel, vostede debe comprar os seus produtos unicamente desde este enderezo http://libre.thinkpenguin.com.

O hardware de Thinkpenguin funcionará con Trisquel?

Si. O hardware de ThinkPenguin é soportado desde Trisquel 5.5. Se presentar calquera problema co seu hardware, publique unha mensaxe no foro, tente actualizar o seu sistema o descargue la última versión de desenvolvimento de Trisquel desde aquí.

Revisión

07/05/2016 - 15:43
gonzaloribadeo