Trisquel GNU/Linux 4.0 LTS "Taranis"

A edición 4.x LTS, alcumada Taranis, viu a luz en Setembro de 2010.

Taranis é unha versión LTS (Long Term Support), soporte a longo prazo en galego, que terá soporte ata mediados do 2013 e obterá actualizacións de seguridade ata 2015.

Versións do software e edicións da distribución

Esta versión está baseada en Ubuntu 10.04 LTS e coma sempre só contén software libre, incluíndo:

A distribución ten catro edicións:

Esta versión ten unha nova aparencia. Exaile substituíu a Rhythmbox como aplicativo predeterminado de administración da música. Para a xestión de fotos, engadiuse Shotwell. Para unha sinxela edición de vídeo, está o novo programa PiTiVi. O cliente de mensaxería instantánea Empathy substituíu a Pidgin. Por último, ao aplicativo Simple-Scan, baseada en GTK, substituíu a XSane, baseada en X11.

Nesta versión, só os idiomas español e inglés están instalados por defecto para conservar espazo no disco. Moitos outros idiomas pódense instalar logo da instalación base cunha conexión a Internet activa.

Todas as edicións son compatíbeis con arquitecturas de 32 e 64 bits.

Revisión

04/25/2011 - 11:42
pargibay