Conectarse á canle IRC #Trisquel

O proxecto Trisquel ten dúas canles IRC (Internet Relay Chat) oficiais ás que calquera se pode unir: #Trisquel (para conversar en inglés) e #Trisquel-es (para conversar en español). Para conectarse a unha destas canles, sigue os seguintes pasos.

Empregando Pidgin

O cliente por defecto de IRC de Trisquel é Pidgin (un cliente de mensaxería que soporta moitos protocolos amais de IRC). Para usar a canle #trisquel en Pidgin:

1. Cando inicias Pidgin por primeira vez informarache de que non tes ningunha conta configurada, prema en Engadir... para crear unha.

LELaMT7.png

2. Usando a lista de protocolos seleccione a opción IRC

ECVgZYQ.png

3. Escolle un nome de usuario para amosar na conversa e indica irc.libera.chat no campo Servidor. Finalmente prema Engadir.

ON9yf9C.png

4. Na xanela de Lista de contactos selecciona o menú de Contactos e selecciona Engadir unha conversa...

9KOraBb.png

5. Escribe o nome da canle desexada. #trisquel ou #trisquel-es

qdh2tbt.png

6. Doble clic na conversa #trisquel para unirse.

BAiPoez.png

7.Despois de conectarte podes escribir /help para máis axuda en como empregar IRC.

Z9DSi0i.png

Información adicional

  • Podes conectarte ó IRC a través de outros clientes como Thunderbird, Konversation, XChat... o procedemento é similar para todos, elixe o que máis che guste.
  • Empregar nome real no IRC pode compremeter a túa privacidade. Non se require un nome real para o IRC
  • Recoméndase conectarse á canle #Trisquel xa que é na que hai máis xente e así poder obter máis axuda.
  • Pode ler máis sobre libera.chat na súa web.

Revisión

03/04/2014 - 13:11
Khany
07/17/2023 - 20:22
Parodper