Conectarse á canle IRC #Trisquel
O proxecto Trisquel ten dúas canles IRC (Internet Relay Chat) oficiais ás que calquera se pode unir: #Trisquel (para conversar en inglés) e #Trisquel-es (para conversar en español). Para conectarse a unha destas canles, sigue os seguintes pasos.
Empregando Pidgin
O cliente por defecto de IRC de Trisquel é Pidgin (un cliente de mensaxería que soporta moitos protocolos amais de IRC). Para usar a canle #trisquel en Pidgin:1. Cando inicias Pidgin por primeira vez informarache de que non tes ningunha conta configurada, prema en Engadir... para crear unha.
2. Usando a lista de protocolos seleccione a opción IRC
3. Escolle un nome de usuario para amosar na conversa e indica irc.libera.chat no campo Servidor. Finalmente prema Engadir.
4. Na xanela de Lista de contactos selecciona o menú de Contactos e selecciona Engadir unha conversa...
5. Escribe o nome da canle desexada. #trisquel ou #trisquel-es
6. Doble clic na conversa #trisquel para unirse.
7.Despois de conectarte podes escribir /help para máis axuda en como empregar IRC.
Información adicional
- Podes conectarte ó IRC a través de outros clientes como Thunderbird, Konversation, XChat... o procedemento é similar para todos, elixe o que máis che guste.
- Empregar nome real no IRC pode compremeter a túa privacidade. Non se require un nome real para o IRC
- Recoméndase conectarse á canle #Trisquel xa que é na que hai máis xente e así poder obter máis axuda.
- Pode ler máis sobre libera.chat na súa web.