Enviado por AndrewT o Dom, 04/18/2010 - 17:39
Como axudar
Hai unha morea de cousas que podes facer para axudar o proxecto Trisquel, e non precisa de habilidades de programación para facer a maioría deles:
- Facerse socio de Trisquel. Axuda ó proxecto cunha doazón frecuente (mínimo 5€/mes) para apoiar a saude financieira e o desenvolvemento do proxecto. Tamén se pode facer unha doazón ocasional.
- Mellorar este wiki. Necesitamos máis documentación, tutoriais, capturas de pantalla e calquera información que poida ser útil para os usuarios.
- Traducir contido da web. Se nos axuda, podemos chegar a máis xente.
- Axude a outros usuarios. Participe no foro, nas listas de correo ou no canal #trisquel en irc.freenode.org e axuda a outros no seu uso de Trisquel.
- Difunda Trisquel. Invita a outras persoas para a nosa comunidade, fala sobre software libre e Trisquel na súa escola ou traballo, e escriba sobre a súa experiencia con el no seu blog ou rede social!
- Revise a liberdade do software. A nosa directriz é distribuir e recomendar só software libre, pero non somos perfectos. Poñemos á súa disposición miles de paquetes, vostede pódenos axudar mediante a revisión do seu contido e licenzas.
- Faga sementes dos nosos torrents. Se ten unha boa conexión de rede con algunha reserva de banda para a subida, pode "sementar" os nosos torrents para facer as descargas das .iso máis rápidas.
- Buscar e correxir erros. Pode axudar ó proxecto a través da búsqueda e notificación de erros, e mellor aínda, mediante a corrección deles.
- Aloxar un espello de descarga. Se a súa empresa ou universidade ten un espello de software público, ou tes un servidor con moito ancho de banda dispoñible, pode tamén acoller os nosos arquivos e aparecer na nosa páxina de descarga.
- Engadir recursos á nosa web. Temos unha lista de extensións libres de Mozilla Firefox, pode solicitar permisos na lista de desenvolvemento e comezar a engadir máis.
- Convértase nun desenvolvedor de Trisquel. Se ten coñecemento de programación, administrador de sistemas ou as habilidades de empaquetamento de software, póñase en contacto connosco para axudarnos coas tarefas de desenvolvemento.
Tarefas impulsadas pola Comunidade
Recibimos moitos solicitudes dos usuarios, con ideas que poidan mellorar o noso software. Moitos deles son ideas moi boas, pero na maioría dos casos, nós simplemente non temos tempo para facelas. Pero podemos aplicar as súas ideas para a distro se ten tempo para facelas realidade.Algúns exemplos de peticións que non podemos cumprir:
- Gustaríame que o paquete foobar estivera no repositorio.
- Quero unha versión da distro orientada para un determinado uso.
- Quero o paquete foo traducido ó idioma x.
- Quero que esta versión de foo se actualice.
Se queres empregar un pouco do seu tempo a esa tarefa, por favor, únase á lista de correo, e cóntenos sobre o seu proxecto. Podemos darlle consellos, e imos incluír o seu traballo no noso proxecto cando estea rematado.