Como crear un LiveUSB

Este é un método sinxelo para facer un dispositivo USB de arrinque con Trisquel instalado de maneira que poida inicia-lo sistema que dende o dispositivo USB (e se o desexa) gardar-los cambios que realice neste.

  1. Descargue unha imaxe .iso de Trisquel da súa elección.
  2. Abra a aplicación Creador de discos de arrinque (atopada no Menú Principal en SistemaAdministraciónCreador de discos de arranque).
  3. Inserte o dispositivo USB. Como mínimo, debe ter como mínimo 1 GB de espazo libre (ou ó redor de 600 MB para Trisquel Mini).
  4. Seleccione unha imaxe .iso o un CD na súa unidade lectora para se-la fonte da imaxe.
  5. Seleccione canto espacio libre quere reservar no dispositivo USB para gardar cambios. Se está creando o LiveUSB para uso regular recomendase reservar como mínimo 300 MB de espazo libre.
  6. Cando haxa finalizado faga click en Facer disco de inicio e agarde a que o proceso se complete.

Con FUSBi

Para aqueles que queran viaxar con Trisquel nos seus bolsillos, ou instalar Trisquel nun ultraportátil sen lector de CDs, ou calquer outro uso.

1 - Descarga FUSBi dende aquí.

2- Instala as dependencias requeridas, sexa a través de Synaptic ou a Terminal.

A través da terminal:

sudo apt-get install mtools p7zip-full
3 - Inserta un "pendrive" USB no teu ordenador. O lápiz debe ter como mínimo 1 GB de memoria.

4 - Formatea o teu "pendrive". Non esquezas facer unha copia de seguridade do seu contido primeiro! No caso de que teñas algo importante nel!

5 - Da permisos a FUSBi para ser un arquivo executable:

http://trisquel.info/files/permisos_fusbi_0.png

6 - Crea unha imaxe ISO do teu CD de Trisquel.

7 - Executa FUSBi facendo dobre click nel. Introduce o teu contrasinal de administrador.

8 - Na fiestra que aparece, en "Diskimage | ISO", elixe a imaxe ISO de Trisquel que creaste, pulsa OK, agora só espera ata que termine o proceso e todo listo.

http://trisquel.info/files/gui_fusbi.png

Fontes

Instalacion de GNU/Linux Desde Dispositivo USB

FUSBi

Revisión

02/26/2011 - 01:45
kenkeiras
10/31/2011 - 09:56
Khany