Personalizazón dunha iso de Trisquel
Para personalizar unha imaxe .iso de Trisquel, primeiro debe descargalo e colocalo nun directorio baleiro. Abra unha terminal e vaia a ese directorio, a continuazón, siga estes pasos.
Desempaquetado
- Convertirse en root. Todo-los comandos a continuazón serán executados como root.
sudo su
- Crear un directorio baleiro e montar o iso nel, a continuazón, extraer o contenido
mkdir tmp mount -o loop trisquel-original.iso tmp cp tmp -a src umount tmp
- Extrae-los arquivos de imaxe squashfs en casper/filesystem.squashfs:
mount src/casper/filesystem.squashfs -o loop tmp cp tmp -a jail umount tmp
O arquivo de pre-configurazón
Trisquel ven cun arquivo de pre-configurazón que permite a precarga dos valores na base de datos de debconf. Vostede pode atopar o arquivo en src/preseed/trisquel.seed. O arquivo contén exemplos comentados dos cambios que poden facerse, como cambiar a configurazón rexional predeterminada, o establecemento dunha configurazón de rede estática, ou automáticamente instalar un conxunto extra de paquetes antes procesar o disco vivo de instalazón (que necesita acceso a internet durante a instalazón para facelo).
Se vostede puido realizar todas as adaptacions que vostede necesitaba facer a este arquivo, pode omiti-lo seguinte paso.
Realizar cambios
Agora ten os arquivos do sistema Trisquel no directorio jail, e vostede pode comezar a aplica-los cambios. Para instalar ou desistalar paquetes, e necesario entrar en jail usando chroot:
cp /etc/resolv.conf jail/etc chroot jail mount none /proc -t proc apt-get update apt-get install package echo "" > /etc/resolv.conf umount /proc exitSe substituiu o kernel ou os programas de arrinque, copiar o novo binario do kernel e a imaxe de initrd en caso de necesidade:
cp jail/boot/vmlinuz-custom src/isolinux/vmlinuz cp jail/boot/initrd.img-custom src/isolinux/initrd
Novos empaquetando
Despois de que as modificacións sexan realizadas, terá que reconstruir o squashfs e a imaxe .iso. Instalar squashfs-tools:
apt-get install squashfs-tools
- Comprimir jail no arquivo squashfs, borra-lo orixinal:
rm src/casper/filesystem.squashfs mksquashfs jail src/casper/filesystem.squashfs -nolzma
- Finalmente, crear unha nova imaxe .iso:
mkisofs -D -r -V "My Trisquel modified version" -cache-inodes \ -J -l -b isolinux/isolinux.bin -c isolinux/boot.cat -no-emul-boot \ -boot-load-size 4 -boot-info-table -o trisquel-modified.iso srcPor favor, deixar claro a cualqueira a quen se distribuia a versión que isto non é unha imaxe .iso oficial de Trisquel. Se algún software non libre fose incluido, por favor cambialo nome do seu proxecto e non usar o noso logo.