Personalizazón dunha iso de Trisquel

Para personalizar unha imaxe .iso de Trisquel, primeiro debe descargalo e colocalo nun directorio baleiro. Abra unha terminal e vaia a ese directorio, a continuazón, siga estes pasos.

Desempaquetado

  • Convertirse en root. Todo-los comandos a continuazón serán executados como root.

sudo su
  • Crear un directorio baleiro e montar o iso nel, a continuazón, extraer o contenido

mkdir tmp
mount -o loop trisquel-original.iso tmp
cp tmp -a src
umount tmp
  • Extrae-los arquivos de imaxe squashfs en casper/filesystem.squashfs:

mount src/casper/filesystem.squashfs -o loop tmp
cp tmp -a jail
umount tmp

O arquivo de pre-configurazón

Trisquel ven cun arquivo de pre-configurazón que permite a precarga dos valores na base de datos de debconf. Vostede pode atopar o arquivo en src/preseed/trisquel.seed. O arquivo contén exemplos comentados dos cambios que poden facerse, como cambiar a configurazón rexional predeterminada, o establecemento dunha configurazón de rede estática, ou automáticamente instalar un conxunto extra de paquetes antes procesar o disco vivo de instalazón (que necesita acceso a internet durante a instalazón para facelo).

Se vostede puido realizar todas as adaptacions que vostede necesitaba facer a este arquivo, pode omiti-lo seguinte paso.

Realizar cambios

Agora ten os arquivos do sistema Trisquel no directorio jail, e vostede pode comezar a aplica-los cambios. Para instalar ou desistalar paquetes, e necesario entrar en jail usando chroot:

cp /etc/resolv.conf jail/etc
chroot jail
mount none /proc -t proc
apt-get update
apt-get install package
echo "" > /etc/resolv.conf
umount /proc
exit
Se substituiu o kernel ou os programas de arrinque, copiar o novo binario do kernel e a imaxe de initrd en caso de necesidade:
cp jail/boot/vmlinuz-custom src/isolinux/vmlinuz
cp jail/boot/initrd.img-custom src/isolinux/initrd

Novos empaquetando

Despois de que as modificacións sexan realizadas, terá que reconstruir o squashfs e a imaxe .iso. Instalar squashfs-tools:

apt-get install squashfs-tools
  • Comprimir jail no arquivo squashfs, borra-lo orixinal:

rm src/casper/filesystem.squashfs
mksquashfs jail src/casper/filesystem.squashfs -nolzma
  • Finalmente, crear unha nova imaxe .iso:

mkisofs -D -r -V "My Trisquel modified version" -cache-inodes \
-J -l -b isolinux/isolinux.bin -c isolinux/boot.cat -no-emul-boot \
-boot-load-size 4 -boot-info-table -o trisquel-modified.iso src
Por favor, deixar claro a cualqueira a quen se distribuia a versión que isto non é unha imaxe .iso oficial de Trisquel. Se algún software non libre fose incluido, por favor cambialo nome do seu proxecto e non usar o noso logo.

Revisión

02/26/2011 - 00:21
kenkeiras
10/31/2011 - 10:58
Khany