Enviado por Khany o Xov, 03/14/2013 - 11:19
Toutatis
A versión 6.0.x LTS nome en clave "Toutatis".
Toutatis é unha versión con soporte a longo prazo (LTS), que terá soporte (incluídas actualizacións de seguridade) oficialmente ata o 2017.
Versións de software e novidades da distribución
Esta versión está baseada en Ubuntu 12.04 LTS (Precise Pangolin) e como sempre so contén software libre, destacando:- Común
- Linux-libre 3.5
- GNOME 3.4.2
- Xorg 7.6
- Edición estándar
- LibreOffice 3.5.4
- Trisquel Web Browser 19.0
- Gimp 2.6.12
- Edición mini
A distribución ten varias edicións:
- Trisquel, para un uso xeral.
- Trisquel Mini, para netbooks e computadores antigos.
- Trisquel i18n, DVD con todos os idiomas preinstalados.
- Trisquel NetInstall, imaxe de 25 MB para instalar mediante conexión a internet.
Esta versión presenta unha nova apariencia. Por outro lado, Exaile remplazouse por Rhythmbox como reproductor de música por defecto.
Nesta versión, so están preinstaladas os idiomas inglés e español para axustarse ó tamaño do CD. Calquera outro idioma pódese instalar despois dende o sistema instalado ou descargando a versión DVD.
Todas as edicións soportan arquitecturas de 32 e 64 bits.
Revisión
03/14/2013 - 11:19