Traduccións das Páxinas Web

Como empezar?

1. Comproba se es tradutor.

Só os usuarios deste sitio web que sexan parte do grupo de tradutores se lles permite traducir contidos. Os usuarios deben ver se son parte do grupo de tradutores, ben buscando nun dos seus perfís: https://trisquel.info/es/user, ou ben mirando algunha das súas publicacións no foro. Se houber un letreiro co texto “I am a translator” (son tradutor), debaixo da túa imaxe, fuches engadido ao grupo de tradutores. En caso contrario, segue o paso dous.

2. Convértete en tradutor.

Se non tes o letreiro de “I am a translator” (son tradutor) nas túas publicacións, por favor, contacta con translations@trisquel.info e na mensaxe precisa o teu usuario e máis a lingua á que desexas contribuir. Confiaremos nas túas capacidades lingüísticas, e non verificaremos a túa habilidade lingüística.

3. Comproba que a túa lingua estea dispoñíbel.

Mira o pé de paxina para veres todas linguas dispoñíbeis até o momento. Se a túa lingua non se mostrar, por favor, contacta con translations@trisquel.info e pide que a túa lingua sexa engadida.

Cando pidas que se engada unha nova lingua aconsellarante que consigas máis usuarios para que te axuden coa tradución á túa lingua. Hai moito contido que precisa de ser traducido, así que o teu idioma só poderá ser publicamente accesíbel cando teñas un certo número traducido. Podes ler mais acerca deste número na paxina de Language Translation Status.

Ao te unires ao equipo dunha lingua existente, cómpre falar cos membros e presentarte, así poderás ser integrado ao seu proceso de traballo e serdes máis eficientes. Hai unha lista destes equipos na paxina de Translation Teams.

4. Comeza a traducir

Agora que estás listo para comezar a traducir consulta ao teu equipo onde podes comezar. Hai dous tipos de texto que poden ser traducidos: contido e non-contido. O texto principal da páxina é o contido, e calquera outro texto, coma os menús, e os letreiros é non contido. Empregamos distintos métodos para cada un. Podes ler máis acerca disto na páxina de How to translate this website.

Por favor, teña en conta que o contido das paxinas pode ter etiquetas HTML. Estas son etiquetas que empezan con “<” e rematan con “>”. Se non estás familiarizado con HTML podes ler acerca delas e así faceres mellores traducións.

5. Traballo futuro

Deberías tratar de manter as páxinas da túa lingua ao día. Isto é moi importante para as páxinas da portada de anuncios. Se nalgún momento non podes seguir traducindo, avisa ao teu equipo ou contacta con translations@trisquel.info.

Calquera coordinación dentro dunha lingua e responsabilidade dese equipo. Pódeste comunicar do xeito de que gustes. Fornecemos unha lista xeral de traducións (http://listas.trisquel.info/mailman/listinfo/trisquel-translators) e cada equipo pode agregar páxinas wikis para os seus propios propósitos. Es libre de empregares calquera outro método como correo privado o IRC. No entanto, cada equipo de tradución terá unha páxina e cómpre que calquera información importante ou coordinación para a túa lingua mantéñase actualizada alí. Isto permite que os novos usuarios teñan unha visión xeral do que esta a acontecer ca túa lingua.

6. Información adicional

Para saberes máis dos problemas relacionados co traballo de tradución en Problemas Conocidos de Traducción.

En Conceptos del Estado de Lengüaje de Traducción podes obter axuda sobre como manexar a túa lingua dependendo do seu estado (móstrase abaixo).

Linguas dispoñibeis e os seus estados.

  • Español (Activa)
  • Italiano (Activa)
  • Galego (Activa)
  • Francés (Activa?)
  • Alemán (Inactiva?)

Revisión

09/10/2015 - 03:23
gonzaloribadeo