Trisquel Edu

Trisquel Edu é un sistema operativo completamente libre deseñado para todo tipo de centros educativos, dende a escola primaria ata as universidades. Basease na rama LTS de Trisquel, e inclue un conxunto de paquetes educativos e ferramentas de xestión de aulas.

Paquetes educativos

A instalación por defecto ven co escritorio GNOME e moi poucas aplicacións de usuario, facendo mais fácil para un profesor establecer o conxunto exacto de programas necesarios para os estudiantes. Os programas podense instalar fácilmente utilizando unha aplicación gráfica que inclue os siguientes paquetes educativos:

  • Desenvolvemento
    • Anjuta - IDE para C, C++ y Python
    • Eclipse - IDE para Java
    • Emacs - Editor avanzado
    • Planner - Xestor de proxectos
    • VirtualBox - Sistema de virtualización de hardware
    • Gtranslator - Ferramenta de traducción de aplicacions
    • Compiladores e ferramentas para C, C++, Python y Java
    • OpenOffice.org Base - Administración de bases de datos
  • Imaxe e deseño
    • Gimp - Editor de imáxes de mapa de bits
    • Inkscape - Editor de imáxes vectoriais
    • Scribus - Ferramenta de publicación
    • Dia - Ferramenta de diagramas multipropósito
    • Xsane - Ferramenta de escaneo
  • Texto e HTML
    • Emacs - Editor avanzado
    • Screem - Editor HTML
    • Scribus - Ferramenta de publicación
    • Gobby - Edición de texto colaborativo
    • LyX - Interface tipo procesador de textos para LaTeX
  • Ciencia e inxeniería
    • QCad - Deseño asistido por computadora
    • Kig y Kmplot - Gráficos matemáticos
    • Kstars y Stellarium - Astronomia
    • Xaos - Visor fractal
    • Oregano - Simulador de circuitos electrónicos
    • Dia - Ferramenta de diagramas multipropósito
  • Producción de audio
    • Ardour - Estación de traballo de audio dixital
    • Audacity - Editor de audio rápido e multiplataforma
    • Pulseaudio utilities - Ferramentas para axustar o demo de audio
    • Rosegarden - Editor de música e secuenciador de MIDI/audio

Ferramentas de xestión

As principais ferramentas de xestión incluidas en Trisquel Edu son iTALC e LTSP.

iTALC - Ensinanza e Aprendizaxe Inteligente con Computadoras

iTALC (Intelligent Teaching And Learning with Computers) é unha ferramenta de control de aulas que permitelle ó mestre ver de maneira remota a pantalla de cada estudante nunha rexiña de fácil acceso. O mestre pode interactuar coas pantallas (que se actualizan en tempo real) de moitas maneiras: controlar, bloquear, excutar programas, etc. Tamén podese usar para proxectar a pantalla dun estudante seleccionado ou transmitila ás pantallas dos outros estudantes.

LTSP - Proxecto Servidor Terminal de Linux

LTSP (Linux Terminal Server Project) é un cliente liviano composto por unha computadora (ou un conxunto de elas) cunha imáxe de GNU/Linux que pódese iniciar a través dunha rede e un conxunto de clientes liviáns que cargan a imáxe dende o servidor usando PXE (Pre-boot eXecution Environment). A imáxe consta de un cliente mínimo capaz de iniciar unha sesión de usuario de X11 remota usando o servidor LTSP. Os clientes liviáns non teñen disco duro, xa que tódo-los datos almacenan e administranse no servidor. Con todo isto, obteñense as seguintes vantaxes:

Facilidade de administración: a única computadora que necesita administración é o servidor. Este conten tódo-los usuarios, programas e arquivos de datos; e os clientes sen disco non necesitan configuración, así que tampouco necesitan mantemento. Os estudantes poden iniciar unha sesión dende calquer cliente. Se se instala un programa novo no servidor, queda dispoñible instantáneamente para cada cliente e os usuarios non teñen que reinicia-la sesión.

Escalabilidade: se necesita conectar un gran número de clientes, pode configurar un conxunto de servidores para que traballen en conxunto. Dependendo da clase de aplicacions que se executen, un servidor pode funcionar como anfitrión de uns 30 a 50 clientes simultáneos.

Reutilización de computadoras vellas: puede usar como cliente calquer computadora dos últimos 10 años, sempre e cando o seu hardware sexa compatible con GNU/Linux e capaz de arrincar con PXE.

Baixo consumo de enerxía: no canto de usar computadoras vellas, pode obter clientes livians sen disco e sen ventilación que sexan de baixo calentamento, silenciosos, baratos, fáciles de manter e que funcionen con menos de 10 watts de potencia, 1/10 de unha CPU estándar.

Revisión

02/27/2011 - 02:33
kenkeiras