Instalar Trisquel como Servidor

Esta guía demostra como instalar Trisquel GNU/Linux como servidor.

Para iso usaremos a imaxe de 62 Megaoctetos Trisquel NetInstall, e instalaremos soamente os paquetes necesarios para ter un servidor completamente personalizado Trisquel funcionando.

Conseguir a imaxe

Este paso é bastante simple, podes descargar a imaxe de aquí:

https://trisquel.info/gl/download

Non te esquezas de de facer clic en "Máis", seleccionar NetInstall e facer clic en "Descargar ISO".

Despois da descarga sigue unha das guías de abaixo (como exemplo) para preparar a unidade de instalación de Trisquel:

A Instalación

Esta é a parte máis importante dado que imos instalar Trisquel no almacenamento principal. Neste exemplo vaise usar o espazo completo do almacenamento, pero podes axustalo como desexes.

Antes de comenzar, deberías asegurarche que os datos na máquina obxectivo teñen copia de respaldo. Consulta a guía para facer copias de respaldo: Backup Files Quickly and Easily.

Iniciar a instalación

A primeira pantalla tras arrancar a túa imaxe é a seguinte, onde tes que seleccionar a túa lingua preferida.

https://trisquel.info/files/installing-trisquel-01.gl_.jpg

Para instalar Trisquel con cifrado integral de disco, usa as frechas do teu teclado para escoller "Instalar Trisquel en modo texto".

https://trisquel.info/files/installing-trisquel-02.gl_.jpg

Seleccionar un idioma

A primeira pantalla tras arrancar a túa imaxe é a seguinte, onde tes que seleccionar a túa lingua preferida.

https://trisquel.info/files/Encrypted_Install_02.gl_.jpg

Escolla a súa localización

Escolle a túa localización.

https://trisquel.info/files/Encrypted_Install_03.gl_.jpg

Configurar o teclado

Seleccionar o idioma do teu teclado. Se o teu teclado é comprado en Galicia, tócache escoller "Spanish".

https://trisquel.info/files/Encrypted_Install_04.gl_.jpg

Despois, se existen varias disposicións de teclados, escolle a disposición do teu teclado.

https://trisquel.info/files/Encrypted_Install_05.gl_.jpg

As disposicións para teclado amosadas na imaxe son:

  • Española
  • Española - Asturiana (España, con H e L con punto baixo)
  • Española - Catalana (España, con L con punto medio)
  • Española - Española (Dvorak)
  • Española - Española (Macintosh)
  • Española - Española (Windows; para teclados que teñen unha tecla co símbolo de Windows, entre Control e Alt)
  • Española - Española (vírgula morta; para teclados sen letra ñ, pois se a vírgula é morta significa que cando se preme non se escrebe senón que combínase coa seguinte letra que se prema, o que permite escribir a letra ñ premendo a vírgula e despois a letra n)
  • Española - Española (sen teclas mortas; para teclados sen diérese nin acentos)

Pantalla Configurar a rede

Se o instalador de Trisquel detecta no seu computador unha ou varias interfaces de rede, permite escoller a conexión a rede e, se é necesario, introducir a clave.

https://trisquel.info/files/Encrypted_Install_06.gl_.jpg

Introduce o nome para identificar o computador na rede.

https://trisquel.info/files/Encrypted_Install_07.gl_.jpg

Escolla unha réplica do arquivo de Trisquel

Escolle o país da réplica do arquivo de Trisquel.

https://trisquel.info/files/Encrypted_Install_08.gl_.jpg

Escolle a réplica do arquivo de Trisquel.

https://trisquel.info/files/Encrypted_Install_09.gl_.jpg

Se precisas dun proxy para acceder a Internet introduce a información aquí.

https://trisquel.info/files/Encrypted_Install_10.gl_.jpg

Configurar os usuarios e contrasinais

Introduce o nome do usuario.

https://trisquel.info/files/Encrypted_Install_11.gl_.jpg

Introduce o nome da conta de usuario e o contrasinal.

Configurar o reloxo

Usa as frechas do teu teclado para seleccionar o fuso horario e preme [INTRO] para confirmar a selección. Se a túa localización é Galicia tócache "Madrid".

https://trisquel.info/files/Encrypted_Install_12.gl_.jpg

Particionar o disco (a opción máis sinxela é "Guiado, empregar un disco completo")

https://trisquel.info/files/Encrypted_Install_13.gl_.jpg

Seleccionar o disco que queres particionar

https://trisquel.info/files/Encrypted_Install_14.gl_.jpg

Escolle os paquetes que queres instalar

  • Bind9 DNS server (Servidor de Nomes de Dominio)
  • Postfix mail server (servidor de correo electrónico)
  • OpenSSH secure mail server (servidor de conexións seguras)
  • Cups print server (servidor de impresión)
  • Samba SMB file server (servidor de ficheiros)
  • Triskel desktop environment (escritorio KDE)
  • Trisquel console environment (contorno de consola)
  • Trisquel desktop environment (escritorio MATE)
  • Trisquel GNOME environment (escritorio GNOME)
  • Trisquel mini environment (escritorio LXDE)

https://trisquel.info/files/Encrypted_Install_22.gl_.jpg

Segundo as opcións que escollas, atoparás pasos adicionais de configuración.

Selecciona "Si" para instalar GRUB (para arrancar Trisquel cando o computador se acende)

https://trisquel.info/files/Encrypted_Install_23.gl_.jpg

¡A instalación está rematada!

Só preme Intro e lémbrate de retirar a unidade de arranque que usaches para instalar Trisquel.

https://trisquel.info/files/Encrypted_Install_24.gl_.jpg

E iso é todo. Agora tés un GNU/Linux Trisquel acabo de instalar para usalo como servidor.

Podes ir á páxina de servidores Server Page para continuar a configuración.

Posibles problemas

Pantalla negra ó arrancar o Contorno de Consola de Trisquel

Isto é un fallo. Para remedialo só necesitas premer ALT + F2 e verás a pantalla de inicio de sesión.

Revisión

02/29/2024 - 03:44
Ignacio.Agullo