Revisión de Documentación (gl) de Mér, 06/20/2012 - 14:52
As revisións permítenlle rastrexar as diferenzas que hai entre distintas versións dunha entrada.
Trisquel é unha versión totalmente libre do sistema operativo GNU/Linux. Basease en Ubuntu, pero só inclúe software libre.
Trisquel ten varias edicións, deseñadas para diferentes usos. Se ten dúbidas, utilice a edición chamada simplemente Trisquel, que se destina para uso doméstico e persoal, e inclúe unha grande cantidade de aplicacións para redes, multimedia, talleres, xogos, etc
A edición Edu está deseñada para os centros educativos, e o profesor. Permite construír unha aula dixital personalizada en cuestión de minutos.
A edición Pro é para as empresas, e inclúe software para a xestión e contabilidade.
A edición Mini é para ordenadores netbooks, redes, ordenadores antigos e outros sistemas de baixa potencia.
Versións
Temos catro versións da distro soportadas actualmente: 4.x LTS, nome en clave Taranis, 4.5 STS, nome en clave Slaine, 5.0 STS nome en clave Dagda e Versión 5.5 STS nome en clave Brigantia. Todas as versións teñen varias edicións, que difiren na selección de paquetes como se explica anteriormente. Para entender o que significan os acrónimos STS e LTS lea isto.
Todas as edicións soportan arquitecturas de 32 e 64 bits.
Versión 5.5 STS
- Trisquel
- Trisquel Mini
- Trisquel NetInstall
- Trisquel i18n
Versión 5.0 STS
- Trisquel
- Trisquel Mini
- Trisquel NetInstall
- Trisquel i18n
Versión 4.5 STS
- Trisquel
- Trisquel Mini
- Trisquel NetInstall
- Trisquel i18n
Versión 4.0.1 LTS
- Trisquel
- Trisquel Mini
- Trisquel NetInstall
- Trisquel i18n
Obter Axuda
A asistencia está dispoñible a partir dos manuais, ou, na falta deste, no foro. Tamén pode axudar ó proxecto a través da presentación de informes de erros.