Revisión de Documentación (gl) de Xov, 10/04/2012 - 19:25

As revisións permítenlle rastrexar as diferenzas que hai entre distintas versións dunha entrada.

Trisquel é unha versión totalmente libre do sistema operativo GNU/Linux. Basease en Ubuntu, pero só inclúe software libre.

Trisquel ten varias edicións, deseñadas para diferentes usos. Se ten dúbidas, utilice a edición chamada simplemente Trisquel, que se destina para uso doméstico e persoal, e inclúe unha grande cantidade de aplicacións para redes, multimedia, talleres, xogos, etc

A edición Edu está deseñada para os centros educativos, e o profesor. Permite construír unha aula dixital personalizada en cuestión de minutos.

A edición Pro é para as empresas, e inclúe software para a xestión e contabilidade.

A edición Mini é para ordenadores netbooks, redes, ordenadores antigos e outros sistemas de baixa potencia.

Versións

Temos catro versións da distro soportadas actualmente: 4.x LTS, nome en clave Taranis, 5.0 STS nome en clave Dagda e 5.5 STS nome en clave Brigantia. Todas as versións teñen varias edicións, que difiren na selección de paquetes como se explica anteriormente. Para entender o que significan os acrónimos STS e LTS lea isto.

Todas as edicións soportan arquitecturas de 32 e 64 bits.

Versión 5.5 STS

Versión 5.0 STS

Versión 4.0.1 LTS

Obter Axuda

A asistencia está dispoñible a partir dos manuais, ou, na falta deste, no foro. Tamén pode axudar ó proxecto a través da presentación de informes de erros.

Revisión

05/16/2009 - 20:08
Trisquel
03/05/2010 - 20:22
AndrewT
02/26/2011 - 19:48
kenkeiras
04/25/2011 - 13:04
pargibay
06/20/2012 - 15:52
Khany
07/04/2016 - 21:23
gonzaloribadeo
04/18/2022 - 01:09
Parodper